O pasado 9 de mayo de 2009, entre un bo número de incondicionais da Asociación Cultural Os Castros, e a presencia do Alcalde de Ames, D. Carlos Fernández, e no incomparable marco do Pazo da Peregrina en Bertamirans, presentouse a sociedade, tal e como estaba anunciado neste medio, o primeiro disco da Banda de Gaitas da Asociación Cultural.
Foi unha xornada lúdica, na que nos acompañou un fantástico atardecer, e na que non faltaron momentos de boa emoción.
A banda interpretou, acompañada en varias pezas de antiguos compoñentes da formación, a totalidade das que compoñen «Terceira Xeración» que quere ser unha homenaxe para os que de algún xeito formaron e forman parte da Banda de Gaitas dos Castros.
Momentos de entrañable valor compuxeronse na presentación do disco, coma por exemplo o acompañamiento a percusión do compositor do Pasodoble de Pancho, D. Francisco Rey Sánchez,
ou así mesmo o momento no que os antiguos compoñentes da banda entregaron o seu director, Antonio Sanjiao, unha pandeireta dedicada por todos, quen no mesmo momento utilizou para interpretar as seguintes pezas.
En definitiva, unha inolvidable e festiva xornada de reencontros entre os antiguos e os actuáis compoñentes da Banda que oxalá prolifere en futuros novos discos e traballos futuros.