COMIDA E FOLIADA 2011

ac-os-castros.jpg

O vindeiro domingo 29 de maio, as dúas do mediodia, celebraremos unha comida no campo da festa de Bugallido, sendo os prezos os seguintes:

  • ALUMNOS: gratis
  • SOCIOS: gratis
  • ACOMPAÑANTES: 20 €

Tamén será gratuito para os irmáns dos alumnos da escola que teñan menos de 12 anos e non sexan membros.

A partir das 11:00 h. e durante toda a xornada haberá inchables para os rapaces (agás na hora de xantar). A tarde celebraremos unha foliada na que todos os asistentes poderán participar. O remate da xuntanza, se o tempo o permite, haberá festa de espuma.

Para anotarse poden dirixirse a Antonio, o profesor, ou a calquera membro da Directiva da Asociación. O prazo remata o próximo día 22 de maio