Estivemos na presentación do disco «Na música somos Ames»

Disco Na Música Somos AmesEditado polas Asambleas Abertas BNG-Somos Ames, presentouse o pasado domingo 20 de abril do 2015 o disco «Na música somos Ames», o primeiro volumen dun recopilatorio de música feita por grupos pertencentes o Concello de Ames.

Nesta primeira edición, e por unha cuestión de costes, recopiláronse pezas de grupos que xa tiñan feita algunha grabación propia nos seus discos, pero conscientes de que son moitas as actividades  musicais que non cumpren esa premisa, a vontade a futuro e facer novos volúmenes que poidan recoller a todos os grupos e solistas que forman parte do noso Concello, unha boa iniciativa que promulgará e extenderá a nosa cultura musical dun xeito acorde a profusión que se merece.

Neste volumen participaron BIRIBIRLOCKE, SOM DO GALPOM, JAVIER CONSTENLA, PILAR MARTÍNEZ, XACOBE MARTÍNEZ ANTELO, DÚO FINISTERRAE, MAIANAS, VERDEGAIO, BANDA DE GAITAS OS CASTROS, ORQUESTRA OS MODERNOS, ASPERGILLUS e cerrando o recopilatorio CAXADE. Podedes ver o libreto premendo sobre a portada do discoPortada Na Música somos Ames

 

E boa noticia para a música de Ames e desexamos poida ir crecendo o número de volúmenes.