Comenza o curso 2015-16

Un Cartel curso 2015-2016 colorano mais, comeza o curso de gaita, baile e percusión. Como xa sabedes de outros anos, antes de comenzar, temos que facer a matrícula, para actualizar os datos e pagar as cuotas correspondentes.

Tedes toda a información de fechas de matrícula, horarios, etc, tamén veredes varias follas de inscripción.

Adxuntamos o final de esta publicación unha folla para alumnos que se matriculan co concello, outra para alumnos de OS CASTROS, e outra para socios, tamén adxuntamos unha folla orientativa dos horarios de clases.

OS ALUMNOS DO CONCELLO, teñen que cubrir a folla e entregala igual que os alumnos dos castros, e teñen que cubrir a folla de socios.

Tan solo teñen que pagar a cuota de socios, que son 3 €

Tamén terán que facer a inscripción no concello entre os días 14 e 18 de setembro de 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00, na Casa da Cultura do Milladoiro ou no pazo da Peregrina en Bertamirans.

Correde a voz, para que todos se poidan enterar e non quede nadie sin matricularse, podedes imprimir o cartel e distribuilo por todo o concello para darlle mais difusión.

IMPORTANTE:

Todos os que teñan roupa prestada, tedes que entregala, a Os Castros, nos días de matrícula.

Un saudo, Antonio Sangiao.