FESTIVAIS DE SAN ISIDRO E FIN DE CURSO 2016/2017

O vindeiro domingo 21 de maio, ás 6 da tarde, celebraráse o Festival de San Isidro no campo da festa de Bugallido. Para preparar esta actuación, haberá un ensaio xeral o sábado 20 de maio pola mañá de 11:00h a 13:00h en Bugallido, ó que deberán asistir tódolos participantes que os profesores indiquen.
A banda de gaitas, terá que actuar pola mañan na misa de San Isidro, e facer a sesión vermú.

Os ensaios de gaita para este festival, serán os luns 8 e 15 de maio en Bertamiráns, de 21:15h a 22:15h, e o sábado 13 de maio en Bugallido, de 18:30h a 19:30h.

Asimesmo, o domingo 18 de xuño, ás 6 da tarde, celebraremos na Casa da Cultura de Bertamiráns o Festival de Fin de Curso da nosa escola. Participarán tódolos rapaces e rapazas que asistiron as clases durante o curso.

É necesario que confirmedes, aqueles alumnos que ides participar no festival e os que non, e tamén aqueles alumnos que ides acudir ó festival aínda que non actuedes.
Confirmádello o antes posible a Inés e a Antonio nas clases.

O sábado anterior día, 10 de xuño, haberá un ensaio xeral de 11:00h a 14:00h, na Casa da Cultura de Bertamiráns, ó que deberán asistir obrigatoriamente tódolos alumnos participantes.

É necesario que o festival comece puntualmente, polo que os alumnos deberán estar na Casa da Cultura ás 17:30h, agás os de gaita, que terán que estar as 16:45h para afinar.

Os ensaios de gaita para este festival, serán os luns 5 e 12 de xuño en Bertamiráns, de 21:15h a 22:15h, e o sábado 17 de xuño en Bugallido, de 18:30h a 19:30h.

Ó remate do Festival, entregaráselle un agasallo a tódolos membros da escola, tanto ós que actúen como ós que non e logo haberá uns pinchos para tódolos participantes.
Os agasallos soamente, se entregarán no Festival, non nas clases, por iso é importante que acudan todos, actúen ou non.

REPARTO DE TRAXES:

Aqueles alumnos que vaian participar no festival e aínda non teñan traxe, repartiránse traxes, o mércores 10 de maio de 21:30h a 22:30h, en Bugallido.
Só se repartirán ese día, non se dará ningún traxe fóra dese horario.

Agradecémoslle a súa colaboración e asistencia ó festival e ós ensaios, e aproveitamos a ocasión para enviarlle un cordial saúdo.

A Directiva

Circular informativa en PDF