Festival fin de curso 2018-19

Destacado

O vindeiro día 16 de xuño do 2019 celebraremos as 18:00 na Casa de Cultura de Bertamiráns o Festival de Fin de Curso 2018-19.

Coa colaboración do Concello de Ames e a Papelería Chavián, este ano contamos co presentador e monologista acústico Manuel Otero Boquete e participarán os alumnos das escolas de Baile, Gaita e Percusión así como a Banda de Gaitas da A.C. Os Castros. Convidámosvos a participar na festa do baile e da música tradicional da Asociación, agardámosvos.