Información para curso 2018-19

Recordamos a tódolos alumnos e alumnas, que o as clases de baile e gaita tradicional, darán comezo o día

8 DE OUTUBRO, e que teremos a presentación e organización dos grupos o sábado día 6 de Outubro ás 10:00H en Bugallido.

 

O prazo de matrícula será do 24 ó 28 de setembro, no local social de Bugallido de 21:00h a 22:00h tódolos días.

A forma de pago será a través de TRANSFERENCIA bancaria, na conta da Asociación, na entidade CaixaBank (LaCaixa). É IMPORTANTE QUE SE FAGA TRANSFERENCIA, E NON INGRESO POR CAIXA.

Deberemos indicar no concepto “Matricula 2018/19”facendo constar o nome do alumno, e adxuntar xustificante de pagoe a folla de matrícula cuberta.

ALUMNOS EN XERAL…………………………………….90€/ALUMNO

FAMILIAS DE MÁIS DE DOUS MEMBROS………180 € (só pagarán os dous maiores)

SOCIOS………………………………………………………….5 €

Os socios tamén deberán facer a transferencia na conta da Asociación, indicando no concepto “Socios 2018/19”, e coa folla de socios cuberta. É necesario que traian o xustificante de pago.

Terán de prazo ata o día da asamblea.

Nº CONTA:ES08 2100 4775 2702 0019 7377

OS ALUMNOS NOVOS QUE SE MATRICULAN POR PRIMEIRA VEZ NA ESCOLA,deberán vir primeiro a última semana de setembro a falar coa directiva.

Un cordial saúdo

A Directiva

Nota informativa

Informamos a tódolos alumnos e alumnas da Asociación Cultural Os Castros, que os días 8,9 e 10 de decembro non haberá clases, con motivo da Ponte da Constitución e Inmaculada Concepción.

Retomaremos os horarios normais o uns día 11 de decembro, en Bertamirans

Un cordial saúdo.

FESTIVAIS DE SAN ISIDRO E FIN DE CURSO 2016/2017

O vindeiro domingo 21 de maio, ás 6 da tarde, celebraráse o Festival de San Isidro no campo da festa de Bugallido. Para preparar esta actuación, haberá un ensaio xeral o sábado 20 de maio pola mañá de 11:00h a 13:00h en Bugallido, ó que deberán asistir tódolos participantes que os profesores indiquen.
A banda de gaitas, terá que actuar pola mañan na misa de San Isidro, e facer a sesión vermú.

Os ensaios de gaita para este festival, serán os luns 8 e 15 de maio en Bertamiráns, de 21:15h a 22:15h, e o sábado 13 de maio en Bugallido, de 18:30h a 19:30h.

Asimesmo, o domingo 18 de xuño, ás 6 da tarde, celebraremos na Casa da Cultura de Bertamiráns o Festival de Fin de Curso da nosa escola. Participarán tódolos rapaces e rapazas que asistiron as clases durante o curso.

É necesario que confirmedes, aqueles alumnos que ides participar no festival e os que non, e tamén aqueles alumnos que ides acudir ó festival aínda que non actuedes.
Confirmádello o antes posible a Inés e a Antonio nas clases.

O sábado anterior día, 10 de xuño, haberá un ensaio xeral de 11:00h a 14:00h, na Casa da Cultura de Bertamiráns, ó que deberán asistir obrigatoriamente tódolos alumnos participantes.

É necesario que o festival comece puntualmente, polo que os alumnos deberán estar na Casa da Cultura ás 17:30h, agás os de gaita, que terán que estar as 16:45h para afinar.

Os ensaios de gaita para este festival, serán os luns 5 e 12 de xuño en Bertamiráns, de 21:15h a 22:15h, e o sábado 17 de xuño en Bugallido, de 18:30h a 19:30h.

Ó remate do Festival, entregaráselle un agasallo a tódolos membros da escola, tanto ós que actúen como ós que non e logo haberá uns pinchos para tódolos participantes.
Os agasallos soamente, se entregarán no Festival, non nas clases, por iso é importante que acudan todos, actúen ou non.

REPARTO DE TRAXES:

Aqueles alumnos que vaian participar no festival e aínda non teñan traxe, repartiránse traxes, o mércores 10 de maio de 21:30h a 22:30h, en Bugallido.
Só se repartirán ese día, non se dará ningún traxe fóra dese horario.

Agradecémoslle a súa colaboración e asistencia ó festival e ós ensaios, e aproveitamos a ocasión para enviarlle un cordial saúdo.

A Directiva

Circular informativa en PDF

Entroido 2017

 Os días 24, 25, 26 e 27 de febrero do 2017 non haberá clases de baile, gaita e percusión por vacacións de entroido.

Bos desexamos que pasedes unhas boas festas.

Anuncio «Vacacións de Nadal 2016»

Informamos a tódolos alumnos e alumnas da Asociación, que a partir do día 22 de decembro do 2016 e ata o día 8 de xaneiro do 2017, ambos inclusive, non haberá clases por motivo das vacacións de Nadal».

As clases darán comezo novamente o día 9 de xaneiro, luns, no local de ensaio de Bertamiráns.

Sen máis, dende a directiva, queremos adiantarnos a desexarlles que teñan unhas «Felices Festas de Nadal e un Próspero Ano Novo 2017″.