O vindeiro domingo 19 de xuño ás 6 da tarde, celebraremos na Casa da Cultura de Bertamiráns, o Festival de Fin de Curso da nosa escola, no cal participarán tódolos rapaces e rapazas, que asistiron as clases durante o curso.
É necesario que confirmedes, aqueles alumnos que ides participar no festival e os que non, e tamén aqueles alumnos que ides acudir ó festival aínda que non actuedes.
Confirmádello o antes posible a Inés e a Antonio nas clases.
O día anterior, sábado 18 de xuño, ás 11:00, haberá un ensaio xeral (rematará ás 13:00h), na Casa da Cultura de Bertamiráns, ó que deberán asistir obrigatoriamente tódolos alumnos participantes.
Este é o último ensaio do curso. Pola tarde non haberá clases.
É necesario que o festival comece puntualmente, polo que os alumnos deberán estar na Casa da Cultura ás 17:30h, agás os de gaita, que terán que estar as 16:45h para afinar.
Ó remate do Festival, entregaráselle un agasallo a tódolos membros da escola, tanto ós que actúen como ós que non.
Os agasallos soamente, se entregarán no Festival, non nas clases , por iso é importante que acudan todos, actúen ou non.
Ás 20:00h, no Local de Bugallido, teremos uns pinchos para tódolos participantes .
Asímesmo, o día do festival, rematarán as clases ata que se inicie o novo curso, no mes de outubro. A matrícula faráse a última semana de setembro
Todos aqueles alumnos que teñan roupa prestada, terán que devolvela os días 21 ou 22 de xuño ás 21:00h, no Local de Bugallido. Aqueles alumnos que actúen no verán, non terán que devolver a roupa ata que comence o novo curso.
Aqueles alumnos que vaian participar no festival e aínda non teñan traxe, repartiránse traxes como último día, o 4 de xuño pola mañá, de 10:00 a 13:00h, durante os ensaios de baile.
Só se repartirán ese día, non se dará ningún traxe fóra dese horario.
ENSAIO DE GAITA E PERCUSIÓN
Ademáis do ensaio xeral do día 18 de xuño, o LUNS 13 DE XUÑO ás 21:00h, na Casa da Cultura de Bertamiráns, haberá un ensaio xeral para tódolos alumnos que vaian tocar no festival, tanto os de gaita como os de percusión ó que é obrigatorio asistir.
Agradecémoslle a súa colaboración e asistencia ó festival e ós ensaios, e aproveitamos a ocasión para enviarlle un cordial saúdo.
A Directiva