A.C. Os Castros co «Día do Libro»

A.C. Os Castros

A Banda de Gaitas e o Grupo de Baile da «Asociación Cultural Os Castros»  participarán na xornada que o Concello de Ames dedica o libro e a literatura en xeral.

Co nome de «Literatura na Praza 2015» o vindeiro 18 de abril entre as 17:00 e as 20:30 na Praza do Concello en Bertamiráns levarase a cabo actividades coma a exposición e venta de libros, intercambio de libros, recanto de lectura, solta de libros e obradoiros de decoración de letras para todas as idades. Ademáis tamén haberá teatro, presentación do libro XI Certame Literario Concello de Ames, a presentación do libro Boca de Gárgola de Mariña Pérez Rei e música.

A música e o baile tradicional estará presente por parte da Asociación Cultural Os Castros as oito do serán.

(Fai clic sobre a imaxe do cartel para velo con maior resolución) dia do libro 2015 ames

 

Xa comenzaron as clases de solfeo 2015

A.C. Os CastrosA Asociación Cultural Os Castros, da man do seu profesor Antonio Sanjiao, comenzou a impartir para a tempada 2015 as clases de iniciación o solfeo.

Son en horario de xoves de 21:00 a 22:00 e os sábados de 10:00 a 11:00 ambos días no centro cultural de Bugallido.

Son abertas para todos os alumnos da asociación… ¡animádevos!

partitura

Avisos diversos:

A.C. Os CastrosAmes, 31 de Maio de 2014

O SÁBADO DÍA 07 DE XUÑO, HABERÁ ENSAIO XERAL DE BAILE DE 10:00 A 12:00 HORAS.

O ENSAIO DE GAITA E PERCUSIÓN SERÁ CO MESMO HORARIO DE SEMPRE PERO NO LOCAL DE BIDUIDO SITUADO NO CAMPO DA FESTA.

NOTA: A roupa da asociación recollerase o Martes 17 e o                                     Mércores 18 de xuño ás 21:30 no Pazo da Peregrina

Participación da Asociación Cultural os Castros no Día do Libro 2014 do Concello de Ames

A.C. Os CastrosA Asociación Cultural Os Castros fechou ca sua actuación os actos celebrados no Día do Libro 2014 celebrado polo Concello de Ames.

Na clausura participou o Grupo de Baile e a Banda de Gaitas da Asociación amenizando o feche duns actos que contaron o longo da tarde con numerosos asistentes e cidadans que participaron en esta actividade lúdica e cultural, e que aplaudiron e disfrutaron as distintas pezas interpretadas e bailadas por A.C. Os Castros.

Festival de San Isidro, festival fin de curso e comida foliada 2013-2014

A.C. Os CastrosO vindeiro sábado 17 de maio, ás 6 da tarde, celebraráse o Festival de San Isidro no campo da festa de Bugallido. Para preparar esta actuación, haberá un ensaio xeral o sábado 10 de maio ás 11:00 h. (rematará ás 13.00 h.), en Bugallido, ó que deberán asistir tódolos participantes que os profesores indiquen.

O día Domingo 25 de maio, faremos a comida e foliada para tódolos alumnos e socios desta asociación. Será ás 14:00. Mais adiante, teredes mais información.

Asimesmo, o vindeiro domingo 15 de xuño, ás 6 da tarde, celebraremos na Casa da Cultura de Bertamiráns o Festival de Fin de Curso da nosa escola. Participarán tódolos rapaces e rapazas que asistiron as clases durante o curso.

O día anterior, sábado 14, ás 11.00 h. haberá un ensaio xeral (rematará ás 13.00 h.), na Casa da Cultura de Bertamiráns, ó que deberán asistir obrigatoriamente tódolos alumnos participantes.

É necesario que o Festival comece puntualmente polo que os alumnos deberán estar na Casa da Cultura ás 17.30 h., agás os que toquen que deberán estar ás 17.00 h.

O remate do Festival entregaráse un agasallo a tódolos membros da escola e, de seguido, haberá uns pinchos para os participantes no bar Plaza en Bertamirans.

Asímesmo, o día do Festival rematarán as clases ata que se inicie o novo curso, no mes de outubro.

Agradecémoslle a súa colaboración e asistencia a estes dous festivais e aproveitamos a ocasión para enviarlle un cordial saúdo,

A Directiva