Presentamos o Novo Curso 2023-2024

Destacado

Este ano abrimos novo grupo de baile en Bertamiráns


Recordamos a tódolos alumnos e alumnas, que o as clases de baile e gaita tradicional, darán comezo o día 7 DE OUTUBRO.

Como novidade, teremos XORNADAS DE PORTAS ABERTAS, tódolos sábados de outubro nas clases de mañá e de tarde no local de Biduído.

O prazo de matrícula xa está aberto por correo electrónico ( correo@acoscastros.es ), e presencialmente será do 25 ó 29 de setembro, no local da Asociación, en: C/ Alcalde Lorenzo, nº2, 1º – Local 3 (Bertamiráns), de 21:00h a 22:00h. (Dirección Google Maps leendo o QR do cartel de presentación).

A forma de pago será a través de ingreso no caixeiro ou TRANSFERENCIA bancaria, na conta da Asociación, na entidade CaixaBank (LaCaixa).
Deberemos indicar no concepto “Matrícula 2023/24” e facendo constar o nome do alumno.
No momento da matrícula deberemos adxuntar xustificante de pago e a folla de matrícula cuberta.

ALUMNOS EN XERAL……………………………100€ (por alumno)
FAMILIAS DE MÁIS DE DOUS MEMBROS……200€ (só pagarán os dous maiores)
SOCIOS………………………………………………………….5 €
Os socios tamén deberán facer a transferencia na conta da Asociación, indicando no concepto “Socios 2023/24”, e coa folla de socios cuberta. É necesario que traian o xustificante de pago.
Terán de prazo ata o día da asamblea xeral.
Nº CONTA: ES08 2100 4775 2702 0019 7377

OS ALUMNOS NOVOS QUE SE MATRICULAN POR PRIMEIRA VEZ NA ESCOLA , deberán vir primeiro a última semana de setembro a falar coa directiva.

Importante actualización tras anuncio:

As clases de baile tradicional realizaranse na Casa da Cultura de Bertamiráns os sábados de 16:30 a 19:30