Ir al contenido principal
Ir al contenido secundario

Asociación Cultural Os Castros de Ames

Formación e difusión da música e a danza tradicional galega

Asociación Cultural Os Castros de Ames

Menú principal

  • Quen somos
  • Publicacións
  • Canal YouTube
  • Actuacións próximas
  • Terceira Xeración
  • Grupo en Facebook
  • Álbum de «Fotos»
  • Deseño Traxes
  • MATRICULA NOVO CURSO 2025 – 2026

Archivo por días: 04/01/2014

Os Reis Magos chegarán a Ames nun tren que percorrerá as rúas do Milladoiro e de Bertamiráns

Posted on 04/01/2014 por ramon

 

logo cuadrado con banda azulOs Reis Magos de Oriente visitarán O Milladoiro e Bertamiráns este domingo, 5 de xaneiro, acompañados dunha comitiva real formada por 26 persoas. A recepción real será nos pavillóns do Milladoiro e Bertamiráns. Os Magos de Oriente estarán acompañados de paxes e comparsas, que repartirán 224 quilos de caramelos sen glute aptos para os nenos e nenas que son celíacos. Antes da recepción as súas Maxestades percorrerán as rúas do Milladoiro e de Bertamiráns. Os Reis Magos serán recibidos nos pavillóns coa música que interpretarán os integrantes do grupo de gaitas Os Castros. Hai que destacar que no Milladoiro e en Bertamiráns produciranse cortes de tráfico esporádicos nas rúas polas que pasa a comitiva real con motivo da visita dos Reis Magos.

As súas Maxestades chegarán en tren a ambas as dúas localidades. Estarán no Milladoiro ás 17:00 para iniciar o seu percorrido polas rúas e facer a súa recepción ás 17:30 no pavillón do Milladoiro. O percorrido por Bertamiráns comezará ás 18:00 e rematará ás 18:30 coa recepción no pavillón. Media hora antes de cada recepción abriranse os pavillóns e haberá animación infantil, con música e xogos.

cabalgata_reis_web

http://www.concellodeames.org/nova.php?noticia=10966&idioma=gl&sec=32

Publicado en As nosas novas

Categorías

  • As nosas novas
  • Documentos de interés xeral

Calendario de entradas no blog

enero 2014
L M X J V S D
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
« Sep   Feb »

Actuacións próximas

Enlace a páginas

  • Actuacións próximas
  • Canal YouTube
  • Deseño Traxes
  • MATRICULA NOVO CURSO 2025 – 2026
  • Quen somos
  • Terceira Xeración

De interés

  • Asociación de Gaiteiros Galegos
  • Obradoiro de gaitas Seivane

Contacto

Antonio Sanjiao Domínguez

Teléfonos: 981884465 - 690962363 - 660805070
correo electrónico: correo@acoscastros.es

www.acoscastros.es
www.blog.acoscastros.es

Funciona gracias a WordPress