Rua, Alcalde Lorenzo Nº2 – primeiro piso- local 3 – Bertamiráns – Ames, – A Coruña
Podedes ver a ubicación, no código QR, do cartel.

Este ano abrimos novo grupo de baile en Bertamiráns
Recordamos a tódolos alumnos e alumnas, que o as clases de baile e gaita tradicional, darán comezo o día 7 DE OUTUBRO.
Como novidade, teremos XORNADAS DE PORTAS ABERTAS, tódolos sábados de outubro nas clases de mañá e de tarde no local de Biduído.
O prazo de matrícula xa está aberto por correo electrónico ( correo@acoscastros.es ), e presencialmente será do 25 ó 29 de setembro, no local da Asociación, en: C/ Alcalde Lorenzo, nº2, 1º – Local 3 (Bertamiráns), de 21:00h a 22:00h. (Dirección Google Maps leendo o QR do cartel de presentación).
A forma de pago será a través de ingreso no caixeiro ou TRANSFERENCIA bancaria, na conta da Asociación, na entidade CaixaBank (LaCaixa).
Deberemos indicar no concepto “Matrícula 2023/24” e facendo constar o nome do alumno.
No momento da matrícula deberemos adxuntar xustificante de pago e a folla de matrícula cuberta.
ALUMNOS EN XERAL……………………………100€ (por alumno)
FAMILIAS DE MÁIS DE DOUS MEMBROS……200€ (só pagarán os dous maiores)
SOCIOS………………………………………………………….5 €
Os socios tamén deberán facer a transferencia na conta da Asociación, indicando no concepto “Socios 2023/24”, e coa folla de socios cuberta. É necesario que traian o xustificante de pago.
Terán de prazo ata o día da asamblea xeral.
Nº CONTA: ES08 2100 4775 2702 0019 7377
OS ALUMNOS NOVOS QUE SE MATRICULAN POR PRIMEIRA VEZ NA ESCOLA , deberán vir primeiro a última semana de setembro a falar coa directiva.
Importante actualización tras anuncio:
As clases de baile tradicional realizaranse na Casa da Cultura de Bertamiráns os sábados de 16:30 a 19:30
Recordamos a tódolos alumnos e alumnas, que as clases de baile e gaita tradicional, darán comezo o día 7 DE OUTUBRO, e que teremos a presentación e organización dos grupos o sábado día 5 de Outubro ás 10:00H en Bugallido.
O prazo de matrícula será do 23 ó 27 de setembro, no local social de Bugallido de 21:00h a 22:00h tódolos días. Se hai alguén que non poida acudir nese horario, estaremos o día 28, sábado, en Bugallido de 10:00h a 11:00h. A forma de pago será a través de TRANSFERENCIA bancaria, na conta da Asociación, na entidade CaixaBank (LaCaixa). É IMPORTANTE QUE SE FAGA TRANSFERENCIA, E NON INGRESO POR CAIXA.
Deberemos indicar no concepto “Matricula 2019/20” facendo constar o nome do alumno, e adxuntar xustificante de pago e a folla de matrícula cuberta.
ALUMNOS EN XERAL…………………………………….90€/ALUMNO
FAMILIAS DE MÁIS DE DOUS MEMBROS………180 € (só pagarán os dous maiores) SOCIOS………………………………………………………….5 €
Nº de conta: (CaixaBank) ES08 2100 4775 2702 0019 7377
Os socios tamén deberán facer a transferencia na conta da Asociación, indicando no concepto “Socios 2019/20”, e coa folla de socios cuberta. É necesario que traian o xustificante de pago.
Terán de prazo ata o día da asamblea.
OS ALUMNOS NOVOS QUE SE MATRICULAN POR PRIMEIRA VEZ NA ESCOLA , deberán vir primeiro a última semana de setembro a falar coa directiva.
Un cordial saúdo
A Directiva
Colabora:
O vindeiro día 16 de xuño do 2019 celebraremos as 18:00 na Casa de Cultura de Bertamiráns o Festival de Fin de Curso 2018-19.
Coa colaboración do Concello de Ames e a Papelería Chavián, este ano contamos co presentador e monologista acústico Manuel Otero Boquete e participarán os alumnos das escolas de Baile, Gaita e Percusión así como a Banda de Gaitas da A.C. Os Castros. Convidámosvos a participar na festa do baile e da música tradicional da Asociación, agardámosvos.
O día 2 de xuño do 2019, terá lugar a comida-foliada organizada pola Asociación cultural Os Castros, no campo da festa de Bugallido, as 14:00h da tarde
Os prezos serán os seguintes:
A partir das 12:00h do mediodía e durante toda a xornada, haberá inchables para os rapaces (agás na hora do xantar). Á tarde celebraremos una foliada, na que todos os asistentes poderán participar.
Para anotarse, poden dirixirse ós profesores da escola ou a calquer membro da directiva da Asociación. O último día será o sábado 1 de xuño do 2019.
Animámolos a participar nesta xuntanza e agradecemos a súa colaboración.
Un saúdo,
Coa colaboración de:
A Directiva
O vindeiro domingo 19 de maio, celebraráse o Festival de San Isidro no campo da festa de Bugallido. Para preparar esta actuación, haberá un ensaio xeral o sábado 18de maio pola mañá de 11:00h a 13:00h en Bugallido, ó que deberán asistir tódolos participantes que os profesores indiquen.
Os ensaios de gaita para este festival, serán os luns 6 e 13 de maio en Bertamiráns, de 21:15h a 22:15h, e o sábado 11 de maio en Bugallido, de 18:30h a 19:30h.
Asimesmo, o domingo 16 de xuño, ás 6 da tarde, celebraremos na Casa da Cultura de Bertamiráns o Festival de Fin de Curso da nosa escola. Participarán tódolos rapaces e rapazas que asistiron as clases durante o curso.
É necesario que confirmedes, aqueles alumnos que ides participar no festival e os que non.
Confirmádello o antes posible a Inés e a Antonio nas clases.
O sábado anterior día, 8 de xuño, haberá un ensaio xeralde 11:00h a 14:00h, na Casa da Cultura de Bertamiráns, ó que deberán asistir obrigatoriamente tódolos alumnos participantes.
É necesario que o festival comece puntualmente, polo que os alumnos deberán estar na Casa da Cultura ás 17:30h, agás os de gaita, que terán que estar as 16:45hpara afinar.
Os ensaios de gaita para este festival, serán os luns 3 e 10 de xuño en Bertamiráns, de 21:15h a 22:15h, e o sábado 8 de xuño en Bugallido, de 18:30h a 19:30h.
O 15 de xuño, día anterior ó festival, é probable que se poña un ensaio en Bugallido pola mañan, segundo os profesores o vexan necesario. Avisarase do que se decida.
Ó remate do Festival, entregaráselle un agasallo a tódolos membros da escola, tanto ós que actúen como ós que non e logo haberá uns pinchos para tódolos participantes.
Os agasallos soamente, se entregarán no Festival, non nas clases, por iso é importante que acudan todos, actúen ou non.
Aqueles alumnos que vaian participar no festival e aínda non teñan traxe, repartiránse traxes, os días 4 e 11 de maionas clases de baile e gaita, e o mércores 8 de maio ás 21:00h en Bugallido, á xente que ensaia en Bertamiráns os luns, e non lle coinciden as clases nos horarios mencionados.
Só se repartirán ese día, non se dará ningún traxe fóra dese horario.
Agradecémoslle a súa colaboración e asistencia ó festival e ós ensaios, e aproveitamos a ocasión para enviarlle un cordial saúdo.
Coa colaboración de:
A Directiva