Festival fin de curso 2009/10

ac-os-castros.jpg

O vindeiro día 20 de xuño, as seis da tarde, celebraremos na Casa da Cultura de Bertamiráns o Festival de fin de curso da nosa escola. Esta iniciativa anual pretende ser un punto de encontro para o fomento e o impulso da cultura, do noso folklore, e todos están convidados.

No festival participarán tódolos rapaces e rapazas que asistiron as clases durante o curso. O día anterior, o sábado 19, as 11:00 da mañá haberá un ensaio xeral (rematará as 13:00 h), no local social de Bugallido ó que deberán asistir obligatoriamente tódolos alumnos participantes. Pola tarde non haberá clases de gaita nin percusión.

É necesario que o festival comece puntualmente polo que os alumnos deberán estar na Casa da Cultura as 17:30 h., agás os que toquen que deberán estar as 17:00 h.

O remate do festival entregarase un agasallo a tódolos membros da escola e, de seguido, habera´uns pinchos para os participantes e tódolos socios no local social de Bugallido.

Así mesmo, o día do Festival rematarán as clases ata que se inicie o novo curso, no mes de outubro.

Agradecémoslle a súa colaboración e asistencia o Festival e aproveitamos a ocasión para enviarvos un cordial saúdo.

A Directiva

Letras de cancións populares

¿Queres ter a letra dun bo grupo de cancións populares Galegas? Cancións de sempre, pero que seguro non coñeces a totalidade da sua letra.

Seguro que moitas, sairán na nosa foliada do día 6 de xuño próximo.

Pincha o link e poderás descargar o ficheiro en formato Word listo para imprimir.

Letras de cancións

Festival de San Isidro – Bugallido 2010

ac-os-castros.jpgO vindeiro día 16 de maio, ás seis da tarde, celebraremos no campo da festa de Bugallido o Festival de San Isidro.

No festival participarán tódolos rapaces e rapazas que asistiron ás clases durante o curso. O día 15, as 11:00 da mañá haberá un ensaio xeral (rematará ás 13:00 h.), no local social de Bugallido, o que deberán asistir obrigatoriamente tódolos alumnos/as participantes.

O día 16 pola mañá ás 12:30, haberá unha misa e unha procesión na que teñen que participar tódolos rapaces/as que toquen algún instrumento, acompañados pola banda de gaitas. Deberán de estar no local de ensaio as 12:00.

Ante calquera dúbida poñerse en contacto con Antonio ou Inés.

É necesario que o festival comence puntualmente polo que os alumnos/as deberán estar no local de ensaios as 17:30 h., agás os que toquen a gaita que deberán estar as 17:00 h.

Agradecémoslles as súa colaboración e asistencia o Festival e aproveitamos a ocasión para enviarlles un cordial saúdo.

A Directiva.

Comida e foliada

O vindeiro domingo 6 de xuño, as dúas do mediodía, celebraremos unha comida no campo da festa de Bugallido. Os prezos serán os seguintes:

 

§  ALUMNOS: gratis

§  SOCIOS: 15 €

§  ACOMPAÑANTES: 23 €

 

Tamén será gratuito para os irmáns dos alumnos da escola que teñan menos de 10 anos e non sexan membros.

 

A partir das 13.00 h. haberá hinchables para os rapaces.

 

Á tarde continuarán os hinchables e celebraremos unha foliada na que todos os asistentes poderán participar. O remate da xuntanza, se o tempo o permite, haberá festa da espuma.

 

Para anotarse poden dirixirse a Antonio, o profesor, ou a calqurera membro da Directiva da Asociación. O prazo remata o próximo día 29 de maio.

 

Asimesmo, aproveitamos a ocasión para confirmarlles que o Festival de Fin de Curso terá lugar o domingo 20 de xuño. Nun próximo escrito, facilitaremos máis información ó respecto.

 

Animámolos a participar nesta xuntanza e agradecemos a súa colaboración.

 

Un saúdo.

 

A Directiva.

Convocatoria Asamblea Xeral

 ac-os-castros.jpg

Socios e alumnos:

O vindeiro día 27 de marzo  celebraremos no local social de Bugallido unha asamblea xeral, as 18:00 h. en primeira convocatoria, e as 18:30 h., en segunda convocatoria.

A orde do día será a seguinte:

  • Lectura da acta da asamblea anterior
  • Estado de contas
  • Actividades realizadas e futuros proxectos
  • Renovación da Xunta Directiva
  • Rogos e preguntas

Agradecémos a vosa asistencia e aproveitamos a ocasión para enviarvos un cordial saúdo.

A Directiva

Suspensión das actividades de ensaio para o día 27/02/2010

En base a alerta de nivel vermello comunicada pola Dirección Xeral de Emerxencias da Xunta de Galicia, a Asociación Cultural Os Castros decidiu suspender as actividades de ensaio da Escola de Gaitas e Danzas, así coma da Banda de Gaitas e Grupo de Baile para o día 27 de febreiro do 2010 (sábado), querendo evitar deste xeito calquer risco que se poida producir polo temporal anunciado por Emerxencias de Galicia.

Saúdos.