Comida e foliada

O vindeiro domingo 6 de xuño, as dúas do mediodía, celebraremos unha comida no campo da festa de Bugallido. Os prezos serán os seguintes:

 

§  ALUMNOS: gratis

§  SOCIOS: 15 €

§  ACOMPAÑANTES: 23 €

 

Tamén será gratuito para os irmáns dos alumnos da escola que teñan menos de 10 anos e non sexan membros.

 

A partir das 13.00 h. haberá hinchables para os rapaces.

 

Á tarde continuarán os hinchables e celebraremos unha foliada na que todos os asistentes poderán participar. O remate da xuntanza, se o tempo o permite, haberá festa da espuma.

 

Para anotarse poden dirixirse a Antonio, o profesor, ou a calqurera membro da Directiva da Asociación. O prazo remata o próximo día 29 de maio.

 

Asimesmo, aproveitamos a ocasión para confirmarlles que o Festival de Fin de Curso terá lugar o domingo 20 de xuño. Nun próximo escrito, facilitaremos máis información ó respecto.

 

Animámolos a participar nesta xuntanza e agradecemos a súa colaboración.

 

Un saúdo.

 

A Directiva.

Convocatoria Asamblea Xeral

 ac-os-castros.jpg

Socios e alumnos:

O vindeiro día 27 de marzo  celebraremos no local social de Bugallido unha asamblea xeral, as 18:00 h. en primeira convocatoria, e as 18:30 h., en segunda convocatoria.

A orde do día será a seguinte:

  • Lectura da acta da asamblea anterior
  • Estado de contas
  • Actividades realizadas e futuros proxectos
  • Renovación da Xunta Directiva
  • Rogos e preguntas

Agradecémos a vosa asistencia e aproveitamos a ocasión para enviarvos un cordial saúdo.

A Directiva

Suspensión das actividades de ensaio para o día 27/02/2010

En base a alerta de nivel vermello comunicada pola Dirección Xeral de Emerxencias da Xunta de Galicia, a Asociación Cultural Os Castros decidiu suspender as actividades de ensaio da Escola de Gaitas e Danzas, así coma da Banda de Gaitas e Grupo de Baile para o día 27 de febreiro do 2010 (sábado), querendo evitar deste xeito calquer risco que se poida producir polo temporal anunciado por Emerxencias de Galicia.

Saúdos.

Comenzo do curso 2009/2010

Dende o noso blog, queremos informaros do comenzo do novo curso 2009/2010 tanto da Escola de Danzas así coma da Escola de Gaitas.

Ábrese pois o plazo de mátricula para os alumnos que desexen darse de alta no presente curso.

Podedes ver os horarios no seguinte link:

Tablón de Horarios para o curso 2009/2010

Tamén podedes aceder os formularios de inscripcións nos seguintes enlaces:

Folla de matrícula 2009/2010

Folla de socios 2009/2010

A Banda de Gaitas da A.C. Os Castros sube a Primeira

A Banda de Gaitas da Asociación Cultural Os Castros, que participou na Liga de Bandas de Gaitas na tempada 2008/2009 no segundo grao da Liga, acadou o acceso o primeiro grao despois da celebración da última xornada en Cabeza de Manzaneda.

Podedes ver as clasificacións finais da Liga no seguinte fichero:

Resultados da Liga de Bandas de Gaitas 2008/2009

E podedes ver a a páxina da Federación Galega de Bandas de Gaitas no seguinte enlace:

Federación Galega de Bandas de Gaitas

Festival Fin de Curso da A.C. Os Castros 2009

O día 13 de xuño de 2009 celebrarase o festival de fin de curso do curso 2008/09, estades convidados as 18:00.

Participarán a Escola de Danzas e Gaitas «Os Castros» de Ames, o Grupo Tradicional «O Castro» de Figueiras e a Banda de Gaitas «Os Castros» de Ames.

cartel-festival-fin-de-curso-2009-br.jpg

Celebración do San Isidro 2009 en Bugallido

O domingo 17 de maio 2009, organizado por Centro Cultural A Mahía e ca colaboración do Concello de Ames, celebrarase na Parroquia de Bugallido a festividade de San Isidro.

Pola mañá a Escola de Gaitas dos Castros acompañará a procesión que se fará en conxunto ca celebración da misa cantada en honor o Santo.

Así mesmo pola tarde en torno a seis, tras o partido final de fútbol haberá o certamen de baile rexional coa actuación dos seguintes grupos:

Escola de danza da Asociación Cultural Os Castros acompañada pola Banda e Escola de Gaitas.

Tamén  participarán o grupo do Centro Cultural de Cacheiras, o grupo de baile do Concello de Ames e o grupo de Calo.

Confiamos disfrutedes desta festiva xornada.

«Terceira Xeración» xa está entre nos

O pasado 9 de mayo de 2009, entre un bo número de incondicionais da Asociación Cultural Os Castros, e a presencia do Alcalde de Ames, D. Carlos Fernández, e no incomparable marco do Pazo da Peregrina en Bertamirans, presentouse a sociedade, tal e como estaba anunciado neste medio, o primeiro disco da Banda de Gaitas da Asociación Cultural.

Foi unha xornada lúdica, na que nos acompañou un fantástico atardecer, e na que non faltaron momentos de boa emoción.

A banda interpretou, acompañada en varias pezas de antiguos compoñentes da formación, a totalidade das  que compoñen «Terceira Xeración» que quere ser unha homenaxe para os que de algún xeito formaron e forman parte  da Banda de Gaitas dos Castros.

Momentos de entrañable valor compuxeronse na presentación do disco, coma por exemplo o acompañamiento a percusión do compositor do Pasodoble de Pancho, D. Francisco Rey Sánchez,

p5093594.jpg

ou así mesmo o momento no que os antiguos compoñentes da banda entregaron o seu director, Antonio Sanjiao, unha pandeireta dedicada por todos, quen no mesmo momento utilizou para interpretar as seguintes pezas.

p5093607.jpg

En definitiva, unha inolvidable e festiva xornada de reencontros entre os antiguos e os actuáis compoñentes da Banda que oxalá prolifere en futuros novos discos e traballos futuros.

Parabéns para todos os participantes e acompañantes.

p5093541.jpg