Con motivo das festividades do entroido do ano 2014, os vindeiros 1, 2 e 3 de marzo suspéndense os ensaios en Bugallido, Trasmonte e Bertamiráns.
Desexamos que disfrutedes dunhas boas festas e feliz entroido.
Archivo de la categoría: As nosas novas
A Banda de Gaitas en Luar da TVG
Imagen
O Venres día 14 de febreiro 2014 suspéndense as clases
Actuación da Banda de Gaitas da A.C. Os Castros no programa «Luar» da TVG.
O vindeiro venres, 14 de febreiro do 2014, día de San Valentín, a Banda de Gaitas da Asociación Cultural Os Castros participará na edición do programa «Luar» da Televisión de Galicia.
Recordar a participación do Grupo de Baile poucos meses atrás, sobre a que tendes información e fotografías neste noso «blog» informativo.
Os Reis Magos chegarán a Ames nun tren que percorrerá as rúas do Milladoiro e de Bertamiráns
As súas Maxestades chegarán en tren a ambas as dúas localidades. Estarán no Milladoiro ás 17:00 para iniciar o seu percorrido polas rúas e facer a súa recepción ás 17:30 no pavillón do Milladoiro. O percorrido por Bertamiráns comezará ás 18:00 e rematará ás 18:30 coa recepción no pavillón. Media hora antes de cada recepción abriranse os pavillóns e haberá animación infantil, con música e xogos.
http://www.concellodeames.org/nova.php?noticia=10966&idioma=gl&sec=32
«Feliz Ano 2014»
Imagen
Participación do grupo de baile da A.C. Os Castros no programa «Luar»
Comenza o curso 2013-2014
Imagen
Falecemento do noso compañeiro David Anta Cacharrón
No día de hoxe, 30 de agosto de 2013, faleceu o noso compañeiro e amigo David Anta Cacharrón, tamborileiro da «Banda da Asociación Cultural os Castros».
Dende aquí, todos os que formamos parte da Asociación, queremos expresar o noso profundo pesar e transmitirlle a familia e seres queridos o noso máis sinceiro pésame.
Hoxe perdemos a unha persoa que sempre amosaba o seu compromiso e interés polas actividades da Asociación e o seu amor polo tambor, que Descanse En Paz e sempre estará no noso pensar.
Escoita «Terceira Xeración» na páxina web e no «no noso Blog»
Agora podedes escoitar o disco «Terceira Xeración» da Banda de Gaitas da Asociación Cultural Os Castros na nosa páxina web a través do espacio SoundCloud.
Así mesmo, tamén e accesible dende o «noso blog» na nova pestaña do título do disco.
Pódese mercar a través do correo electrónico correo@acoscastros.es, e disfrútalo sin as marcas de audio da grabación «on line».