En este link podes baixar o cartel en formato PDF
Festival de San Isidro – Bugallido 2010
O vindeiro día 16 de maio, ás seis da tarde, celebraremos no campo da festa de Bugallido o Festival de San Isidro.
No festival participarán tódolos rapaces e rapazas que asistiron ás clases durante o curso. O día 15, as 11:00 da mañá haberá un ensaio xeral (rematará ás 13:00 h.), no local social de Bugallido, o que deberán asistir obrigatoriamente tódolos alumnos/as participantes.
O día 16 pola mañá ás 12:30, haberá unha misa e unha procesión na que teñen que participar tódolos rapaces/as que toquen algún instrumento, acompañados pola banda de gaitas. Deberán de estar no local de ensaio as 12:00.
Ante calquera dúbida poñerse en contacto con Antonio ou Inés.
É necesario que o festival comence puntualmente polo que os alumnos/as deberán estar no local de ensaios as 17:30 h., agás os que toquen a gaita que deberán estar as 17:00 h.
Agradecémoslles as súa colaboración e asistencia o Festival e aproveitamos a ocasión para enviarlles un cordial saúdo.
A Directiva.
Comida e foliada
O vindeiro domingo 6 de xuño, as dúas do mediodía, celebraremos unha comida no campo da festa de Bugallido. Os prezos serán os seguintes:
§ ALUMNOS: gratis
§ SOCIOS: 15
§ ACOMPAÑANTES: 23
Tamén será gratuito para os irmáns dos alumnos da escola que teñan menos de 10 anos e non sexan membros.
A partir das 13.00 h. haberá hinchables para os rapaces.
Á tarde continuarán os hinchables e celebraremos unha foliada na que todos os asistentes poderán participar. O remate da xuntanza, se o tempo o permite, haberá festa da espuma.
Para anotarse poden dirixirse a Antonio, o profesor, ou a calqurera membro da Directiva da Asociación. O prazo remata o próximo día 29 de maio.
Asimesmo, aproveitamos a ocasión para confirmarlles que o Festival de Fin de Curso terá lugar o domingo 20 de xuño. Nun próximo escrito, facilitaremos máis información ó respecto.
Animámolos a participar nesta xuntanza e agradecemos a súa colaboración.
Un saúdo.
A Directiva.
Convocatoria Asamblea Xeral
Socios e alumnos:
O vindeiro día 27 de marzo celebraremos no local social de Bugallido unha asamblea xeral, as 18:00 h. en primeira convocatoria, e as 18:30 h., en segunda convocatoria.
A orde do día será a seguinte:
- Lectura da acta da asamblea anterior
- Estado de contas
- Actividades realizadas e futuros proxectos
- Renovación da Xunta Directiva
- Rogos e preguntas
Agradecémos a vosa asistencia e aproveitamos a ocasión para enviarvos un cordial saúdo.
A Directiva
Suspensión das actividades de ensaio para o día 27/02/2010
En base a alerta de nivel vermello comunicada pola Dirección Xeral de Emerxencias da Xunta de Galicia, a Asociación Cultural Os Castros decidiu suspender as actividades de ensaio da Escola de Gaitas e Danzas, así coma da Banda de Gaitas e Grupo de Baile para o día 27 de febreiro do 2010 (sábado), querendo evitar deste xeito calquer risco que se poida producir polo temporal anunciado por Emerxencias de Galicia.
Saúdos.
A presentación de Terceira Xeración nos medios locais
Poñemos os enlaces dos dous periodicos locais que cubriron a presentación do noso disco «Terceira Xeración»
Ambos son do Grupo Correo Gallego e podedes acceder a través destes link’s:
Comenzo do curso 2009/2010
Dende o noso blog, queremos informaros do comenzo do novo curso 2009/2010 tanto da Escola de Danzas así coma da Escola de Gaitas.
Ábrese pois o plazo de mátricula para os alumnos que desexen darse de alta no presente curso.
Podedes ver os horarios no seguinte link:
Tablón de Horarios para o curso 2009/2010
Tamén podedes aceder os formularios de inscripcións nos seguintes enlaces:
Estamos no Facebook
Invitámosvos a que formedes parte do grupo da Asociación Cultura Os Castros no Facebook.
Queremos dende a comunidade do Facebook abrir hacia o mundo a información e as vivencias da nosa asociación
Esperámosvos
A Banda de Gaitas da A.C. Os Castros sube a Primeira
A Banda de Gaitas da Asociación Cultural Os Castros, que participou na Liga de Bandas de Gaitas na tempada 2008/2009 no segundo grao da Liga, acadou o acceso o primeiro grao despois da celebración da última xornada en Cabeza de Manzaneda.
Podedes ver as clasificacións finais da Liga no seguinte fichero:
Resultados da Liga de Bandas de Gaitas 2008/2009
E podedes ver a a páxina da Federación Galega de Bandas de Gaitas no seguinte enlace:
