Anuncio «Vacacións de Nadal 2016»

Informamos a tódolos alumnos e alumnas da Asociación, que a partir do día 22 de decembro do 2016 e ata o día 8 de xaneiro do 2017, ambos inclusive, non haberá clases por motivo das vacacións de Nadal».

As clases darán comezo novamente o día 9 de xaneiro, luns, no local de ensaio de Bertamiráns.

Sen máis, dende a directiva, queremos adiantarnos a desexarlles que teñan unhas «Felices Festas de Nadal e un Próspero Ano Novo 2017″.

FESTIVAL DE FIN DE CURSO 2015/2016

A.C. Os CastrosO vindeiro domingo 19 de xuño ás 6 da tarde, celebraremos na Casa da Cultura de Bertamiráns, o Festival de Fin de Curso da nosa escola, no cal participarán tódolos rapaces e rapazas, que asistiron as clases durante o curso.

É necesario que confirmedes, aqueles alumnos que ides participar no festival e os que non, e tamén aqueles alumnos que ides acudir ó festival aínda que non actuedes.

Confirmádello o antes posible a Inés e a Antonio nas clases.

O día anterior, sábado 18 de xuño, ás 11:00, haberá un ensaio xeral (rematará ás 13:00h), na Casa da Cultura de Bertamiráns, ó que deberán asistir obrigatoriamente tódolos alumnos participantes.

Este é o último ensaio do curso. Pola tarde non haberá clases.

É necesario que o festival comece puntualmente, polo que os alumnos deberán estar na Casa da Cultura ás 17:30h, agás os de gaita, que terán que estar as 16:45h para afinar.

Ó remate do Festival, entregaráselle un agasallo a tódolos membros da escola, tanto ós que actúen como ós que non.

Os agasallos soamente, se entregarán no Festival, non nas clases , por iso é importante que acudan todos, actúen ou non.

Ás 20:00h, no Local de Bugallido, teremos uns pinchos para tódolos participantes .

Asímesmo, o día do festival, rematarán as clases ata que se inicie o novo curso, no mes de outubro. A matrícula faráse a última semana de setembro

Todos aqueles alumnos que teñan roupa prestada, terán que devolvela os días 21 ou 22 de xuño ás 21:00h, no Local de Bugallido. Aqueles alumnos que actúen no verán, non terán que devolver a roupa ata que comence o novo curso.

Aqueles alumnos que vaian participar no festival e aínda non teñan traxe, repartiránse traxes como último día, o 4 de xuño pola mañá, de 10:00 a 13:00h, durante os ensaios de baile.

Só se repartirán ese día, non se dará ningún traxe fóra dese horario.

ENSAIO DE GAITA E PERCUSIÓN

Ademáis do ensaio xeral do día 18 de xuño, o LUNS 13 DE XUÑO ás 21:00h, na Casa da Cultura de Bertamiráns, haberá un ensaio xeral para tódolos alumnos que vaian tocar no festival, tanto os de gaita como os de percusión ó que é obrigatorio asistir.

Agradecémoslle a súa colaboración e asistencia ó festival e ós ensaios, e aproveitamos a ocasión para enviarlle un cordial saúdo.

A Directiva

CARTEL_festival_2016

Festival de San Isidro e Festival de Fin de Curso

A.C. Os CastrosO vindeiro domingo 15 de maio 2016, ás 6 da tarde, celebraráse o Festival de San Isidro no campo da festa de Bugallido. Para preparar esta actuación, haberá un ensaio xeral o sábado 14 de maio ás 11:00 h. (rematará ás 13.00 h.), en Bugallido, ó que deberán asistir tódolos participantes que os profesores indiquen.

Aproveitamos a ocasión para confirmarlles que o Festival de Fin de Curso terá lugar o domingo 19 de cuño 2016, e que para preparar a actuación, haberá un ensaio xeral o sábado 18 de xuño ás 11:00 h. (rematará ás 13.00 h.), na casa da cultura de Bertamiráns.

Foliada 2016 A.C. Os Castros

A.C. Os CastrosXa podedes mercar os tickets para o Xantar Foliada da Asociación Cultural Os Castros 2016.

Reserva xa a tua entrada nos horarios das clases e ensaios contactando con Antonio Sanjiao ou cos membros da Xunta Directiva. O plazo remata o 15 de maio e celebrarase o 22 de maio no Campo da Festa de Bugallido, coma ben sendo habitual.

Cartel foliada 2016 color

Toda a información facendo click no cartel

Asamblea Xeral 2016

A.C. Os Castros

Socios e alumnos:

O vindeiro día 13 de marzo do 2016 celebraremos no local social de Bugallido unha asamblea xeral, ás 12:00 h., en primeira convocatoria, e as 12:30 h., en segunda convocatoria.

A orde do día será a seguinte:

Lectura da acta da asamblea anterior
Estado de contas
Actividades realizadas e futuros proxectos
Finalización do contrato co Concello de Ames
Subida de cuotas e cambio da forma de pago
Renovación Xunta Directiva
Rogos e preguntas

A nosa Asociación necesita xente para a Directiva, xa que este ano hai tres membros que deixan o seu cargo. Os voluntarios/as que estén interesados en formar parte da mesma, agradecémoslle que se poñan en contacto con nós, no teléfono da Asociación 690962363, antes da celebración da asamblea.
Agradecémoslles a súa asistencia e aproveitamos a ocasión para enviarlle un cordial saúdo,

A Directiva

Comenza o curso 2015-16

Un Cartel curso 2015-2016 colorano mais, comeza o curso de gaita, baile e percusión. Como xa sabedes de outros anos, antes de comenzar, temos que facer a matrícula, para actualizar os datos e pagar as cuotas correspondentes.

Tedes toda a información de fechas de matrícula, horarios, etc, tamén veredes varias follas de inscripción.

Adxuntamos o final de esta publicación unha folla para alumnos que se matriculan co concello, outra para alumnos de OS CASTROS, e outra para socios, tamén adxuntamos unha folla orientativa dos horarios de clases.

OS ALUMNOS DO CONCELLO, teñen que cubrir a folla e entregala igual que os alumnos dos castros, e teñen que cubrir a folla de socios.

Tan solo teñen que pagar a cuota de socios, que son 3 €

Tamén terán que facer a inscripción no concello entre os días 14 e 18 de setembro de 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00, na Casa da Cultura do Milladoiro ou no pazo da Peregrina en Bertamirans.

Correde a voz, para que todos se poidan enterar e non quede nadie sin matricularse, podedes imprimir o cartel e distribuilo por todo o concello para darlle mais difusión.

IMPORTANTE:

Todos os que teñan roupa prestada, tedes que entregala, a Os Castros, nos días de matrícula.

Un saudo, Antonio Sangiao.

 

Festival Fin de Curso – comunicado recordatorio horarios

A.C. Os CastrosO vindeiro domingo 21 de xuño, ás 6 da tarde, celebraremos na Casa da Cultura de Bertamiráns o Festival de Fin de Curso da nosa escola. Participarán tódolos rapaces e rapazas que asistiron as clases durante o curso.

Tedes que confirmar, os alumnos que ides a actuar no festival e os que non , tamén necesitamos saber quen vai a ir a ver o festival ainda que non actúe. Confirmádello o antes posible a Ines e a Antonio nas clases.
O día anterior, sábado 20 de xuño, ás 11.00 h. haberá un ensaio xeral (rematará ás 13.00 h.), na Casa da Cultura de Bertamiráns, ó que deberán asistir obrigatoriamente tódolos alumnos participantes.
Este é o último ensaio do curso. Pola tarde xa non haberá clases.
É necesario que o Festival comece puntualmente polo que os alumnos deberán estar na Casa da Cultura ás 17.30 h., agás os de gaita que deberán estar ás 17.00 h para afinar.
O remate do Festival entregaráse un agasallo a tódolos membros da escola, tanto ós que actúen como ós que non, e de seguido, haberá uns pinchos para tódolos alumnos no bar Plaza en Bertamirans.
Asímesmo, o día do Festival rematarán as clases ata que se inicie o novo curso, no mes de outubro.
Todos os que teñan roupa prestada, terán que devolvela os días 23 ou 24 de xuño as 21.00 no pazo da peregrina.
ENSAIO DE GAITA E PERCUSION
Ademais do ensaio xeral, o LUNS 15 DE XUÑO, Haberá un ensaio xeral para tódolos alumnos que vaian a tocar no festival, tanto os de gaita como os de pandeireta, bombo e tambor ó que é obrigatorio asistir e que será as 21:00 h. Na casa da cultura de Bertamiráns.
Agradecémoslle a súa colaboración e asistencia ó festival e ós ensaios e aproveitamos a ocasión para enviarlle un cordial saúdo,
A Directiva