O vindeiro día 17 de xuño, as seis da tarde, celebraremos na Casa da Cultura de Bertamiráns o Festival de fin de curso da nosa escola. Esta iniciativa anual pretende ser un punto de encontro para o fomento e o impulso da cultura, do noso folklore, e todos están convidados.
No festival participarán tódolos rapaces e rapazas que asistiron as clases durante o curso. O día anterior, sábado 16, as 11.00 da mañá haberá un ensaio xeral (rematará as 13.30 h), na casa da cultura de Bertamiráns ó que deberán asistir obrigatoriamente tódolos alumnos participantes. Á primeira hora da mañá non haberá clases, Pola tarde non haberá clases de gaita nin percusión.
O sabado 9 de Xuño, haberá un ensaio xeral para gaita e percusión en Bugallido as 18:00 e o Luns 11 de Xuño as 21:30 na casa da cultura de Bertamiráns.
É necesario que o festival comece puntualmente polo que os alumnos deberán estar na Casa da Cultura as 17.30 h., agás os que toquen que deberán estar as 17.00 h. para afinar.
Ó remate do festival entregarase un agasallo a tódolos membros da escola , tanto os que participen como os que non, e de seguido, haberá uns pinchos para os participantes e alumnos que asistan ó festival na cafeteria Plaza de Bertamirás.
Así mesmo, o día do Festival rematarán as clases ata que se inicie o novo curso, no mes de outubro.
O dia 18 de Xuño as 21:00 na casa da cultura de Bertamiráns e o 21 de Xuño as 21:00 en Bugallido recolleranse os traxes prestados, tanto os do concello como os da a.c. Os Castros. E obligatorio entregalos ese día, o que non poida ir persoalmenta, que o manda por algún compañeiro.
Agradecémoslles a súa colaboración e asistencia ó Festival e aproveitamos a ocasión para enviarlles un cordial saúdo,
A Directiva