Festival de San Isidro, festival fin de curso e comida foliada 2013-2014

A.C. Os CastrosO vindeiro sábado 17 de maio, ás 6 da tarde, celebraráse o Festival de San Isidro no campo da festa de Bugallido. Para preparar esta actuación, haberá un ensaio xeral o sábado 10 de maio ás 11:00 h. (rematará ás 13.00 h.), en Bugallido, ó que deberán asistir tódolos participantes que os profesores indiquen.

O día Domingo 25 de maio, faremos a comida e foliada para tódolos alumnos e socios desta asociación. Será ás 14:00. Mais adiante, teredes mais información.

Asimesmo, o vindeiro domingo 15 de xuño, ás 6 da tarde, celebraremos na Casa da Cultura de Bertamiráns o Festival de Fin de Curso da nosa escola. Participarán tódolos rapaces e rapazas que asistiron as clases durante o curso.

O día anterior, sábado 14, ás 11.00 h. haberá un ensaio xeral (rematará ás 13.00 h.), na Casa da Cultura de Bertamiráns, ó que deberán asistir obrigatoriamente tódolos alumnos participantes.

É necesario que o Festival comece puntualmente polo que os alumnos deberán estar na Casa da Cultura ás 17.30 h., agás os que toquen que deberán estar ás 17.00 h.

O remate do Festival entregaráse un agasallo a tódolos membros da escola e, de seguido, haberá uns pinchos para os participantes no bar Plaza en Bertamirans.

Asímesmo, o día do Festival rematarán as clases ata que se inicie o novo curso, no mes de outubro.

Agradecémoslle a súa colaboración e asistencia a estes dous festivais e aproveitamos a ocasión para enviarlle un cordial saúdo,

A Directiva

Convocatoria Asamblea Xeral 2014

A.C. Os CastrosSocios e alumnos:

 

O vindeiro día 13 de abril celebraremos no local social de Bugallido unha asamblea xeral, ás 12:00 h., en primeira convocatoria, e as 12:15 h., en segunda convocatoria.

 

A orde do día será a seguinte:

 

  • Lectura da acta da asamblea anterior
  • Estado de contas
  • Actividades realizadas e futuros proxectos
  • Renovación da Xunta Directiva
  • Rogos e preguntas

 

A nosa Asociación necesita xente para a Directiva, xa que este ano hai membros que deixan o seu cargo. Os voluntarios/as que estén interesados en formar parte da mesma, agradecémoslle que se poñan en contacto con nós, no número de teléfono 690962363, antes da celebración da asamblea.

Agradecémoslles a súa asistencia e aproveitamos a ocasión para enviarlle un cordial saúdo,

A Directiva