O vindeiro día 13 de abril celebraremos no local social de Bugallido unha asamblea xeral, ás 12:00 h., en primeira convocatoria, e as 12:15 h., en segunda convocatoria.
A orde do día será a seguinte:
- Lectura da acta da asamblea anterior
- Estado de contas
- Actividades realizadas e futuros proxectos
- Renovación da Xunta Directiva
- Rogos e preguntas
A nosa Asociación necesita xente para a Directiva, xa que este ano hai membros que deixan o seu cargo. Os voluntarios/as que estén interesados en formar parte da mesma, agradecémoslle que se poñan en contacto con nós, no número de teléfono 690962363, antes da celebración da asamblea.
Agradecémoslles a súa asistencia e aproveitamos a ocasión para enviarlle un cordial saúdo,
A Directiva