A Banda de Gaitas e o Grupo de Baile da «Asociación Cultural Os Castros» participarán na xornada que o Concello de Ames dedica o libro e a literatura en xeral.
Co nome de «Literatura na Praza 2015» o vindeiro 18 de abril entre as 17:00 e as 20:30 na Praza do Concello en Bertamiráns levarase a cabo actividades coma a exposición e venta de libros, intercambio de libros, recanto de lectura, solta de libros e obradoiros de decoración de letras para todas as idades. Ademáis tamén haberá teatro, presentación do libro XI Certame Literario Concello de Ames, a presentación do libro Boca de Gárgola de Mariña Pérez Rei e música.
A música e o baile tradicional estará presente por parte da Asociación Cultural Os Castros as oito do serán.
(Fai clic sobre a imaxe do cartel para velo con maior resolución)