Festival Fin de Curso – comunicado recordatorio horarios

A.C. Os CastrosO vindeiro domingo 21 de xuño, ás 6 da tarde, celebraremos na Casa da Cultura de Bertamiráns o Festival de Fin de Curso da nosa escola. Participarán tódolos rapaces e rapazas que asistiron as clases durante o curso.

Tedes que confirmar, os alumnos que ides a actuar no festival e os que non , tamén necesitamos saber quen vai a ir a ver o festival ainda que non actúe. Confirmádello o antes posible a Ines e a Antonio nas clases.
O día anterior, sábado 20 de xuño, ás 11.00 h. haberá un ensaio xeral (rematará ás 13.00 h.), na Casa da Cultura de Bertamiráns, ó que deberán asistir obrigatoriamente tódolos alumnos participantes.
Este é o último ensaio do curso. Pola tarde xa non haberá clases.
É necesario que o Festival comece puntualmente polo que os alumnos deberán estar na Casa da Cultura ás 17.30 h., agás os de gaita que deberán estar ás 17.00 h para afinar.
O remate do Festival entregaráse un agasallo a tódolos membros da escola, tanto ós que actúen como ós que non, e de seguido, haberá uns pinchos para tódolos alumnos no bar Plaza en Bertamirans.
Asímesmo, o día do Festival rematarán as clases ata que se inicie o novo curso, no mes de outubro.
Todos os que teñan roupa prestada, terán que devolvela os días 23 ou 24 de xuño as 21.00 no pazo da peregrina.
ENSAIO DE GAITA E PERCUSION
Ademais do ensaio xeral, o LUNS 15 DE XUÑO, Haberá un ensaio xeral para tódolos alumnos que vaian a tocar no festival, tanto os de gaita como os de pandeireta, bombo e tambor ó que é obrigatorio asistir e que será as 21:00 h. Na casa da cultura de Bertamiráns.
Agradecémoslle a súa colaboración e asistencia ó festival e ós ensaios e aproveitamos a ocasión para enviarlle un cordial saúdo,
A Directiva