Socios e alumnos:
O vindeiro día 13 de marzo do 2016 celebraremos no local social de Bugallido unha asamblea xeral, ás 12:00 h., en primeira convocatoria, e as 12:30 h., en segunda convocatoria.
A orde do día será a seguinte:
Lectura da acta da asamblea anterior
Estado de contas
Actividades realizadas e futuros proxectos
Finalización do contrato co Concello de Ames
Subida de cuotas e cambio da forma de pago
Renovación Xunta Directiva
Rogos e preguntas
A nosa Asociación necesita xente para a Directiva, xa que este ano hai tres membros que deixan o seu cargo. Os voluntarios/as que estén interesados en formar parte da mesma, agradecémoslle que se poñan en contacto con nós, no teléfono da Asociación 690962363, antes da celebración da asamblea.
Agradecémoslles a súa asistencia e aproveitamos a ocasión para enviarlle un cordial saúdo,
A Directiva