
Recordamos a tódolos alumnos e alumnas, que as clases de baile e gaita tradicional, darán comezo o día 7 DE OUTUBRO, e que teremos a presentación e organización dos grupos o sábado día 5 de Outubro ás 10:00H en Bugallido.
O prazo de matrícula será do 23 ó 27 de setembro, no local social de Bugallido de 21:00h a 22:00h tódolos días. Se hai alguén que non poida acudir nese horario, estaremos o día 28, sábado, en Bugallido de 10:00h a 11:00h. A forma de pago será a través de TRANSFERENCIA bancaria, na conta da Asociación, na entidade CaixaBank (LaCaixa). É IMPORTANTE QUE SE FAGA TRANSFERENCIA, E NON INGRESO POR CAIXA.
Deberemos indicar no concepto “Matricula 2019/20” facendo constar o nome do alumno, e adxuntar xustificante de pago e a folla de matrícula cuberta.
ALUMNOS EN XERAL…………………………………….90€/ALUMNO
FAMILIAS DE MÁIS DE DOUS MEMBROS………180 € (só pagarán os dous maiores) SOCIOS………………………………………………………….5 €
Nº de conta: (CaixaBank) ES08 2100 4775 2702 0019 7377
Os socios tamén deberán facer a transferencia na conta da Asociación, indicando no concepto “Socios 2019/20”, e coa folla de socios cuberta. É necesario que traian o xustificante de pago.
Terán de prazo ata o día da asamblea.
OS ALUMNOS NOVOS QUE SE MATRICULAN POR PRIMEIRA VEZ NA ESCOLA , deberán vir primeiro a última semana de setembro a falar coa directiva.
Un cordial saúdo
A Directiva
Colabora: