En breve teredes toda a información sobre o comenzo do curso 2011-2012. A directiva da asociacion cultural os castros está cos preparativos do novo curso.
Archivo del Autor: ramon
Estaremos na celebración do XIV Día de Galicia en Madrid
A Asociación Cultural Os Castros, estará presente na celebración do XIV Día de Galicia en Madrid.
Partiremos o vindeiro sábado 23 de Xulio para participar nos actos de celebración do XIV Día de Galicia en Madrid o día 24 de Xulio.
Así mesmo aproveitaremos o día 25 de Xulio no viaxe de volta para facer una xornada de visita a cidade de Segovia.
O noso cartel da foliada 2011
COMIDA E FOLIADA 2011
O vindeiro domingo 29 de maio, as dúas do mediodia, celebraremos unha comida no campo da festa de Bugallido, sendo os prezos os seguintes:
- ALUMNOS: gratis
- SOCIOS: gratis
- ACOMPAÑANTES: 20
Tamén será gratuito para os irmáns dos alumnos da escola que teñan menos de 12 anos e non sexan membros.
A partir das 11:00 h. e durante toda a xornada haberá inchables para os rapaces (agás na hora de xantar). A tarde celebraremos unha foliada na que todos os asistentes poderán participar. O remate da xuntanza, se o tempo o permite, haberá festa de espuma.
Para anotarse poden dirixirse a Antonio, o profesor, ou a calquera membro da Directiva da Asociación. O prazo remata o próximo día 22 de maio
Horario da primeira xornada 2011 da Liga de Bandas de Gaitas en Pontevedra
De interés para aqueles que queran acudir a primeira xornada da Liga de Bandas de Gaitas 2011.
Este e o link donde se poden descargar os horarios do vindeiro día 16 de abril 2011 en Pontevedra:
http://www.federaciongalegabandasdegaitas.com/gfx/Descargas/General/Horarios%20Fase%20Pontevedra.pdf
Sábado 19 de Marzo, non haberá clases en Bugallido
Comenzo do curso de «principios básicos do solfeo»
En esta séptima semana do ano 2011, a Asociación Cultural Os Castros comenzou para o seus socios e alumnos as clases sobre «principios básicos do solfeo» que serán impartidas polo seu profesor Antonio Sanjiao, tendo lugar a primeria clase o día 10 de febreiro.
Con este curso pretendese trasladar os alumnos da escola de gaitas e percusión os conceptos básicos e teóricos do solfeo, aplicados sobre todo as peculiaridades da gaita e do ritmo na percusión.
Impartiranse no local social de Bugallido en dous grupos repartidos os xoves de nove a dez da noite e os sábados de dez a once da mañá, en ambos días impartirase a mesma materia, co fin de levar coordinados a totalidade de alumnos.
As clases prolongaranse ata finais do curso, pretendendo ademáis extender a experiencia para vindeiros cursos, co afan de mellorar o insino da nosa música os membros da Asociación os cuales están convidados co feito de formar parte do alumnado.
Así mesmo estamos a estudiar a fórmula para que os que participen no curso, poidan obter o contido de apuntes a través da nosa páxina web, vos manteremos informados.
Felices Festas e Próspero Ano 2011
Cartel presentación curso 2010-2011
Aberto o periodo de matrícula para o curso 2010/11
Un ano máis abrimos o periodo de matrícula para o vindeiro curso.
Podedes baixar os formularios de matrícula e de socios na nosa paxina web no apartado de «Contacto»
Encontraredes o formulario para Matrícula e o de alta de Socios.
Son dous formularios en formato Word.
Tamén podedes acceder dende este post marcando sobre os links subrayados.
¡Saúdos!