Comenzo do curso de «principios básicos do solfeo»

ac-os-castros.jpg

En esta séptima semana do ano 2011, a Asociación Cultural Os Castros comenzou para o seus socios e alumnos as clases sobre «principios básicos do solfeo» que serán impartidas polo seu profesor Antonio Sanjiao, tendo lugar a primeria clase o día 10 de febreiro.

Con este curso pretendese trasladar os alumnos da escola de gaitas e percusión os conceptos básicos e teóricos do solfeo, aplicados sobre todo as peculiaridades da gaita e do ritmo na percusión.

Impartiranse no local social de Bugallido en dous grupos repartidos os xoves de nove a dez da noite e os sábados de dez a once da mañá, en ambos días impartirase a mesma materia, co fin de levar coordinados a totalidade de alumnos.

As clases prolongaranse ata finais do curso, pretendendo ademáis extender  a experiencia para vindeiros cursos, co afan de mellorar o insino da nosa música os membros da Asociación os cuales están convidados co feito de formar parte do alumnado.

Así mesmo estamos a estudiar a fórmula para que os que participen  no curso, poidan obter o contido de apuntes a través da nosa páxina web, vos manteremos informados.

Festival fin de curso 2009/10

ac-os-castros.jpg

O vindeiro día 20 de xuño, as seis da tarde, celebraremos na Casa da Cultura de Bertamiráns o Festival de fin de curso da nosa escola. Esta iniciativa anual pretende ser un punto de encontro para o fomento e o impulso da cultura, do noso folklore, e todos están convidados.

No festival participarán tódolos rapaces e rapazas que asistiron as clases durante o curso. O día anterior, o sábado 19, as 11:00 da mañá haberá un ensaio xeral (rematará as 13:00 h), no local social de Bugallido ó que deberán asistir obligatoriamente tódolos alumnos participantes. Pola tarde non haberá clases de gaita nin percusión.

É necesario que o festival comece puntualmente polo que os alumnos deberán estar na Casa da Cultura as 17:30 h., agás os que toquen que deberán estar as 17:00 h.

O remate do festival entregarase un agasallo a tódolos membros da escola e, de seguido, habera´uns pinchos para os participantes e tódolos socios no local social de Bugallido.

Así mesmo, o día do Festival rematarán as clases ata que se inicie o novo curso, no mes de outubro.

Agradecémoslle a súa colaboración e asistencia o Festival e aproveitamos a ocasión para enviarvos un cordial saúdo.

A Directiva

Letras de cancións populares

¿Queres ter a letra dun bo grupo de cancións populares Galegas? Cancións de sempre, pero que seguro non coñeces a totalidade da sua letra.

Seguro que moitas, sairán na nosa foliada do día 6 de xuño próximo.

Pincha o link e poderás descargar o ficheiro en formato Word listo para imprimir.

Letras de cancións

Festival de San Isidro – Bugallido 2010

ac-os-castros.jpgO vindeiro día 16 de maio, ás seis da tarde, celebraremos no campo da festa de Bugallido o Festival de San Isidro.

No festival participarán tódolos rapaces e rapazas que asistiron ás clases durante o curso. O día 15, as 11:00 da mañá haberá un ensaio xeral (rematará ás 13:00 h.), no local social de Bugallido, o que deberán asistir obrigatoriamente tódolos alumnos/as participantes.

O día 16 pola mañá ás 12:30, haberá unha misa e unha procesión na que teñen que participar tódolos rapaces/as que toquen algún instrumento, acompañados pola banda de gaitas. Deberán de estar no local de ensaio as 12:00.

Ante calquera dúbida poñerse en contacto con Antonio ou Inés.

É necesario que o festival comence puntualmente polo que os alumnos/as deberán estar no local de ensaios as 17:30 h., agás os que toquen a gaita que deberán estar as 17:00 h.

Agradecémoslles as súa colaboración e asistencia o Festival e aproveitamos a ocasión para enviarlles un cordial saúdo.

A Directiva.