«Terceira Xeración» xa está entre nos

O pasado 9 de mayo de 2009, entre un bo número de incondicionais da Asociación Cultural Os Castros, e a presencia do Alcalde de Ames, D. Carlos Fernández, e no incomparable marco do Pazo da Peregrina en Bertamirans, presentouse a sociedade, tal e como estaba anunciado neste medio, o primeiro disco da Banda de Gaitas da Asociación Cultural.

Foi unha xornada lúdica, na que nos acompañou un fantástico atardecer, e na que non faltaron momentos de boa emoción.

A banda interpretou, acompañada en varias pezas de antiguos compoñentes da formación, a totalidade das  que compoñen «Terceira Xeración» que quere ser unha homenaxe para os que de algún xeito formaron e forman parte  da Banda de Gaitas dos Castros.

Momentos de entrañable valor compuxeronse na presentación do disco, coma por exemplo o acompañamiento a percusión do compositor do Pasodoble de Pancho, D. Francisco Rey Sánchez,

p5093594.jpg

ou así mesmo o momento no que os antiguos compoñentes da banda entregaron o seu director, Antonio Sanjiao, unha pandeireta dedicada por todos, quen no mesmo momento utilizou para interpretar as seguintes pezas.

p5093607.jpg

En definitiva, unha inolvidable e festiva xornada de reencontros entre os antiguos e os actuáis compoñentes da Banda que oxalá prolifere en futuros novos discos e traballos futuros.

Parabéns para todos os participantes e acompañantes.

p5093541.jpg

Novidades na nosa páxina web

banner-fila.jpgNa nosa páxina web, en exclusiva, xa podedes ver o libreto do noso novo disco «Terceira Xeración» que se presentará o día 9 de maio de 2008 no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, tal e como xa está anunciado neste Blog. Si o queres ver, no link «Presentación do novo disco» , desprazando a páxina hacia o abaixo, teredes unha mostra do que será a imaxen do novo traballo da Banda en colaboración coa Diputación da Coruña, a Fundación Paideia e o Estudio de gravacións Mans.

Así mesmo abrimos na páxina un novo link, denominado «Escóitanos», no que a través do servidor de Podcast GCast, podredes escoitar unha mostra do bo facer da banda. Para escoller a peza, «clicade» no botón «Post» do reproductor incluido na pantalla, as pezas se van reproducindo tamén de modo secuencial.

Confiamos que vos agraden istas novidades.