Clases de solfeo 2014

logo cuadrado con banda azulXa comenzaron as actividades de solfeo do curso 2014. Podedes acudir a calquera dos horarios que Antonio Sanjiao ten en activo:

Xoves de 21:00 a 22:00 (Antes do ensaio da Banda de Gaitas)

Sábados de 10:00 a 11:00

Ambos horarios impártense no segundo andar do local social de Bugallido.

 

Suspensión do ensaio do día 8 de marzo do 2014

logo cuadrado con banda azulPor ocupación do local de Bugallido para outras actividades da parroquia, o ensaio de gaita e percusión do vindeiro día 8 de marzo de 2014 suspéndese, retormando de modo normal o día 15 de marzo.

De todos os xeitos, podedes recuperar o traballo de ensaio acudindo a calquera das outras ubicacións: venres en Viduido a partir das 21:00, domingo en Trasmonte a partir das 10:00 e luns en Bertamiráns dende as 21:00.

Vacacións de entroido

logo cuadrado con banda azulCon motivo das festividades do entroido do ano 2014, os vindeiros 1, 2 e 3 de marzo suspéndense os ensaios en Bugallido, Trasmonte e Bertamiráns.
Desexamos que disfrutedes dunhas boas festas e feliz entroido.

Os Reis Magos chegarán a Ames nun tren que percorrerá as rúas do Milladoiro e de Bertamiráns

 

logo cuadrado con banda azulOs Reis Magos de Oriente visitarán O Milladoiro e Bertamiráns este domingo, 5 de xaneiro, acompañados dunha comitiva real formada por 26 persoas. A recepción real será nos pavillóns do Milladoiro e Bertamiráns. Os Magos de Oriente estarán acompañados de paxes e comparsas, que repartirán 224 quilos de caramelos sen glute aptos para os nenos e nenas que son celíacos. Antes da recepción as súas Maxestades percorrerán as rúas do Milladoiro e de Bertamiráns. Os Reis Magos serán recibidos nos pavillóns coa música que interpretarán os integrantes do grupo de gaitas Os Castros. Hai que destacar que no Milladoiro e en Bertamiráns produciranse cortes de tráfico esporádicos nas rúas polas que pasa a comitiva real con motivo da visita dos Reis Magos.

As súas Maxestades chegarán en tren a ambas as dúas localidades. Estarán no Milladoiro ás 17:00 para iniciar o seu percorrido polas rúas e facer a súa recepción ás 17:30 no pavillón do Milladoiro. O percorrido por Bertamiráns comezará ás 18:00 e rematará ás 18:30 coa recepción no pavillón. Media hora antes de cada recepción abriranse os pavillóns e haberá animación infantil, con música e xogos.

cabalgata_reis_web

http://www.concellodeames.org/nova.php?noticia=10966&idioma=gl&sec=32