Falecemento do noso compañeiro David Anta Cacharrón
No día de hoxe, 30 de agosto de 2013, faleceu o noso compañeiro e amigo David Anta Cacharrón, tamborileiro da «Banda da Asociación Cultural os Castros».
Dende aquí, todos os que formamos parte da Asociación, queremos expresar o noso profundo pesar e transmitirlle a familia e seres queridos o noso máis sinceiro pésame.
Hoxe perdemos a unha persoa que sempre amosaba o seu compromiso e interés polas actividades da Asociación e o seu amor polo tambor, que Descanse En Paz e sempre estará no noso pensar.
Escoita «Terceira Xeración» na páxina web e no «no noso Blog»
Agora podedes escoitar o disco «Terceira Xeración» da Banda de Gaitas da Asociación Cultural Os Castros na nosa páxina web a través do espacio SoundCloud.
Así mesmo, tamén e accesible dende o «noso blog» na nova pestaña do título do disco.
Pódese mercar a través do correo electrónico correo@acoscastros.es, e disfrútalo sin as marcas de audio da grabación «on line».
Fotografías Festival de San Isidro 2013
Na nosa galería fotográfica, temos 25 novas fotos realizadas por Vanessa Pérez Fabeiro.
Podes pinchar en «este enlace» para ir directamente o album no servidor de Picasa.
Festival Fin de Curso 2012-13
Novo video na páxina de A.C. Os Castros
Xa podedes ver na nosa paxina www.acoscastros.es un video da actuación da Escola de Danzas no festival de San Isidro.
Os nosos videos están localizables a través da direción http://www.acoscastros.es/5.html e no noso canal en YouTube acoscastros.
Andaina Solidaria de Ames «NO CAMIÑO POLOS NENOS»
A Banda de Gaitas da Asociación Cultural Os Castros, tocará o vindeiro 9 de xuño na Andaina Solidaria «NO CAMIÑO POLOS NENOS» do Concello de Ames.
Invitámoste a participar en esta iniciativa do Concello de Ames en colaboración con Cáritas, na que ademáis de poder descubrir un tramo do Camiño de Santiago, poderás colaborar ca entrega de productos de alimentación e hixiene para infancia que se recollerán no transcurso da xornada, ou si non podes acudir, deixandos no propio Concello ou nas oficina municipáis no Milladoiro. Colabora!!!
CONVOCATORIA ASAMBLEA XERAL 2013
Socios e alumnos:
O vindeiro día 23 de marzo celebraremos no local social de Bugallido unha asamblea xeral, ás 18.30 h., en primeira convocatoria, e as 19:00 h., en segunda convocatoria.
A orde do día será a seguinte:
Lectura da acta da asamblea anterior
Estado de contas
Actividades realizadas e futuros proxectos
Rogos e preguntas
Agradecémoslles a súa asistencia e aproveitamos a ocasión para enviarlle un cordial saúdo,
A Directiva


