Os Reis Magos chegarán a Ames nun tren que percorrerá as rúas do Milladoiro e de Bertamiráns

 

logo cuadrado con banda azulOs Reis Magos de Oriente visitarán O Milladoiro e Bertamiráns este domingo, 5 de xaneiro, acompañados dunha comitiva real formada por 26 persoas. A recepción real será nos pavillóns do Milladoiro e Bertamiráns. Os Magos de Oriente estarán acompañados de paxes e comparsas, que repartirán 224 quilos de caramelos sen glute aptos para os nenos e nenas que son celíacos. Antes da recepción as súas Maxestades percorrerán as rúas do Milladoiro e de Bertamiráns. Os Reis Magos serán recibidos nos pavillóns coa música que interpretarán os integrantes do grupo de gaitas Os Castros. Hai que destacar que no Milladoiro e en Bertamiráns produciranse cortes de tráfico esporádicos nas rúas polas que pasa a comitiva real con motivo da visita dos Reis Magos.

As súas Maxestades chegarán en tren a ambas as dúas localidades. Estarán no Milladoiro ás 17:00 para iniciar o seu percorrido polas rúas e facer a súa recepción ás 17:30 no pavillón do Milladoiro. O percorrido por Bertamiráns comezará ás 18:00 e rematará ás 18:30 coa recepción no pavillón. Media hora antes de cada recepción abriranse os pavillóns e haberá animación infantil, con música e xogos.

cabalgata_reis_web

http://www.concellodeames.org/nova.php?noticia=10966&idioma=gl&sec=32

Falecemento do noso compañeiro David Anta Cacharrón

 

logo cuadrado con banda azulNo día de hoxe, 30 de agosto de 2013, faleceu o noso compañeiro e amigo David Anta Cacharrón, tamborileiro da «Banda da Asociación Cultural os Castros».
Dende aquí, todos os que formamos parte da Asociación, queremos expresar o noso profundo pesar e transmitirlle a familia e seres queridos o noso máis sinceiro pésame.
Hoxe perdemos a unha persoa que sempre amosaba o seu compromiso e interés polas actividades da Asociación e o seu amor polo tambor, que Descanse En Paz e sempre estará no noso pensar.

 

 

 

 

 

Escoita «Terceira Xeración» na páxina web e no «no noso Blog»

Portada discoAgora podedes escoitar o disco «Terceira Xeración» da Banda de Gaitas da Asociación Cultural Os Castros na nosa páxina web a través do espacio SoundCloud.

Así mesmo, tamén e accesible dende o «noso blog» na nova pestaña do título do disco.

Pódese mercar a través do correo electrónico correo@acoscastros.es, e disfrútalo sin as marcas de audio da grabación «on line».