O próximo sábado 19 de marzo, por ser festividade na Comunidade Galega (Día de San Xosé e Día do pai), non se impartirán clases de baile, solfeo, gaita e percusión.
Vos desexamos que disfrutedes dun fermoso día.
En esta séptima semana do ano 2011, a Asociación Cultural Os Castros comenzou para o seus socios e alumnos as clases sobre «principios básicos do solfeo» que serán impartidas polo seu profesor Antonio Sanjiao, tendo lugar a primeria clase o día 10 de febreiro.
Con este curso pretendese trasladar os alumnos da escola de gaitas e percusión os conceptos básicos e teóricos do solfeo, aplicados sobre todo as peculiaridades da gaita e do ritmo na percusión.
Impartiranse no local social de Bugallido en dous grupos repartidos os xoves de nove a dez da noite e os sábados de dez a once da mañá, en ambos días impartirase a mesma materia, co fin de levar coordinados a totalidade de alumnos.
As clases prolongaranse ata finais do curso, pretendendo ademáis extender a experiencia para vindeiros cursos, co afan de mellorar o insino da nosa música os membros da Asociación os cuales están convidados co feito de formar parte do alumnado.
Así mesmo estamos a estudiar a fórmula para que os que participen no curso, poidan obter o contido de apuntes a través da nosa páxina web, vos manteremos informados.
Un ano máis abrimos o periodo de matrícula para o vindeiro curso.
Podedes baixar os formularios de matrícula e de socios na nosa paxina web no apartado de «Contacto»
Encontraredes o formulario para Matrícula e o de alta de Socios.
Son dous formularios en formato Word.
Tamén podedes acceder dende este post marcando sobre os links subrayados.
¡Saúdos!
O vindeiro día 20 de xuño, as seis da tarde, celebraremos na Casa da Cultura de Bertamiráns o Festival de fin de curso da nosa escola. Esta iniciativa anual pretende ser un punto de encontro para o fomento e o impulso da cultura, do noso folklore, e todos están convidados.
No festival participarán tódolos rapaces e rapazas que asistiron as clases durante o curso. O día anterior, o sábado 19, as 11:00 da mañá haberá un ensaio xeral (rematará as 13:00 h), no local social de Bugallido ó que deberán asistir obligatoriamente tódolos alumnos participantes. Pola tarde non haberá clases de gaita nin percusión.
É necesario que o festival comece puntualmente polo que os alumnos deberán estar na Casa da Cultura as 17:30 h., agás os que toquen que deberán estar as 17:00 h.
O remate do festival entregarase un agasallo a tódolos membros da escola e, de seguido, habera´uns pinchos para os participantes e tódolos socios no local social de Bugallido.
Así mesmo, o día do Festival rematarán as clases ata que se inicie o novo curso, no mes de outubro.
Agradecémoslle a súa colaboración e asistencia o Festival e aproveitamos a ocasión para enviarvos un cordial saúdo.
A Directiva
Están publicadas no espació de Picasa da asociación unha partida de fotos da foliada do pasado 6 de xuño 2010.
Podedes acceder para velas no link http://picasaweb.google.com/acoscastros/FestaEFoliadaDo6DeXunoDe2010
¿Queres ter a letra dun bo grupo de cancións populares Galegas? Cancións de sempre, pero que seguro non coñeces a totalidade da sua letra.
Seguro que moitas, sairán na nosa foliada do día 6 de xuño próximo.
Pincha o link e poderás descargar o ficheiro en formato Word listo para imprimir.
En este link podes baixar o cartel en formato PDF