Normalización dos traxes galegos empregados na A.C. Os Castros

A.C. Os Castros

 

Publicamos dous manuais que recollen a normalización pra  elaboración dos traxes a utilizar nas actividades da Asociación Cultural Os Castros.

Preténdese de este xeito levar a cabo un esforzo entre todos pra lucir dun modo igualado e axeitado no Grupo de Baile e na Banda de Gaitas.

Podedes descargar a normalización en formato PDF facendo click nas imáxenes, e ante calquer duda consultade os membros da directiva:

TRAXE COMPLETO MULLERTRAXE COMPLETO HOME

Celebración foliada A.C. Os Castros 2015

A.C. Os CastrosEstamos preparando a foliada anual da Asociación Cultural os Castros do ano 2015. Celebrarase o vindeiro 24 de maio de 2015 no Campo da Festa de Bugallido, con inchables para os nenos dende as 12:00 do serán, e comenzando a comida as 14:00.

Podedes ver a totalidade da información facendo «click» no cartel adxunto.

F:OS CASTROSXF14XF14 COLOR (1)

Estivemos na presentación do disco «Na música somos Ames»

Disco Na Música Somos AmesEditado polas Asambleas Abertas BNG-Somos Ames, presentouse o pasado domingo 20 de abril do 2015 o disco «Na música somos Ames», o primeiro volumen dun recopilatorio de música feita por grupos pertencentes o Concello de Ames.

Nesta primeira edición, e por unha cuestión de costes, recopiláronse pezas de grupos que xa tiñan feita algunha grabación propia nos seus discos, pero conscientes de que son moitas as actividades  musicais que non cumpren esa premisa, a vontade a futuro e facer novos volúmenes que poidan recoller a todos os grupos e solistas que forman parte do noso Concello, unha boa iniciativa que promulgará e extenderá a nosa cultura musical dun xeito acorde a profusión que se merece.

Neste volumen participaron BIRIBIRLOCKE, SOM DO GALPOM, JAVIER CONSTENLA, PILAR MARTÍNEZ, XACOBE MARTÍNEZ ANTELO, DÚO FINISTERRAE, MAIANAS, VERDEGAIO, BANDA DE GAITAS OS CASTROS, ORQUESTRA OS MODERNOS, ASPERGILLUS e cerrando o recopilatorio CAXADE. Podedes ver o libreto premendo sobre a portada do discoPortada Na Música somos Ames

 

E boa noticia para a música de Ames e desexamos poida ir crecendo o número de volúmenes.

A.C. Os Castros co «Día do Libro»

A.C. Os Castros

A Banda de Gaitas e o Grupo de Baile da «Asociación Cultural Os Castros»  participarán na xornada que o Concello de Ames dedica o libro e a literatura en xeral.

Co nome de «Literatura na Praza 2015» o vindeiro 18 de abril entre as 17:00 e as 20:30 na Praza do Concello en Bertamiráns levarase a cabo actividades coma a exposición e venta de libros, intercambio de libros, recanto de lectura, solta de libros e obradoiros de decoración de letras para todas as idades. Ademáis tamén haberá teatro, presentación do libro XI Certame Literario Concello de Ames, a presentación do libro Boca de Gárgola de Mariña Pérez Rei e música.

A música e o baile tradicional estará presente por parte da Asociación Cultural Os Castros as oito do serán.

(Fai clic sobre a imaxe do cartel para velo con maior resolución) dia do libro 2015 ames

 

Xa comenzaron as clases de solfeo 2015

A.C. Os CastrosA Asociación Cultural Os Castros, da man do seu profesor Antonio Sanjiao, comenzou a impartir para a tempada 2015 as clases de iniciación o solfeo.

Son en horario de xoves de 21:00 a 22:00 e os sábados de 10:00 a 11:00 ambos días no centro cultural de Bugallido.

Son abertas para todos os alumnos da asociación… ¡animádevos!

partitura

Avisos diversos:

A.C. Os CastrosAmes, 31 de Maio de 2014

O SÁBADO DÍA 07 DE XUÑO, HABERÁ ENSAIO XERAL DE BAILE DE 10:00 A 12:00 HORAS.

O ENSAIO DE GAITA E PERCUSIÓN SERÁ CO MESMO HORARIO DE SEMPRE PERO NO LOCAL DE BIDUIDO SITUADO NO CAMPO DA FESTA.

NOTA: A roupa da asociación recollerase o Martes 17 e o                                     Mércores 18 de xuño ás 21:30 no Pazo da Peregrina