CONVOCATORIA ASAMBLEA XERAL 2013

 ac-os-castros.jpg

Socios e alumnos:

O vindeiro día 23 de marzo celebraremos no local social de Bugallido unha asamblea xeral, ás 18.30 h., en primeira convocatoria, e as 19:00 h., en segunda convocatoria.

A orde do día será a seguinte:

Lectura da acta da asamblea anterior

Estado de contas

Actividades realizadas e futuros proxectos

Rogos e preguntas

Agradecémoslles a súa asistencia e aproveitamos a ocasión para enviarlle un cordial saúdo,

A Directiva

XV día de Galicia en Madrid

Por segundo ano consecutivo, a Banda de Gaitas da A.C. Os Castros estará presente na celebración do XV Día de Galicia en Madrid o vindeiro 22 de Xullo do 2012. 
xv-dia-de-galicia.jpegParticiparase na misa cantada a celebrar as 10:30 na Catedral de Santa María la Real de la Almudena e no desfile das 20:00 que partirá diante de Palacio Real e pasará polas principais ruas do centro histórico de Madrid como son a Calle Bailén, Maior, Porta do Sol, Carretas para rematar na Plaza Maior donde se celebrará o festival de música tradicional que durará ata as 12:00 da noite.
O día seguinte, e xa dentro da propia organización do noso desplazamento, aproveitaremos para facer unha visita as instalacións do Estadio do Real Madrid antes de escomenzar o viaxe de volta hacia Galicia. — en Catedral de Santa María la Real de la Almudena.

Festival Fin de Curso 2011/12

ac-os-castros.jpg O vindeiro día 17 de xuño, as seis da tarde, celebraremos na Casa da Cultura de Bertamiráns o Festival de fin de curso da nosa escola. Esta iniciativa anual pretende ser un punto de encontro para o fomento e o impulso da cultura, do noso folklore, e todos están convidados.

 

No festival participarán tódolos rapaces e rapazas que asistiron as clases durante o curso. O día anterior, sábado 16, as 11.00 da mañá haberá un ensaio xeral (rematará as 13.30 h), na casa da cultura de Bertamiráns ó que deberán asistir obrigatoriamente tódolos alumnos participantes. Á primeira hora da mañá non haberá clases,  Pola tarde non haberá clases de gaita nin percusión. 

 

O sabado 9 de Xuño, haberá un ensaio xeral para gaita e percusión en Bugallido as 18:00 e o Luns 11 de Xuño as 21:30 na casa da cultura de Bertamiráns.

 

É necesario que o festival comece puntualmente polo que os alumnos deberán estar na Casa da Cultura as 17.30 h., agás os que toquen que deberán estar as 17.00 h. para afinar.

 

Ó remate do festival entregarase un agasallo a tódolos membros da escola , tanto os que participen como os que non, e de seguido, haberá uns pinchos para os participantes e alumnos que asistan ó festival na cafeteria Plaza de Bertamirás.

 

Así mesmo, o día do Festival rematarán as clases ata que se inicie o novo curso, no mes de outubro.

 

O dia  18 de Xuño  as 21:00 na casa da cultura de Bertamiráns e o 21 de Xuño as 21:00 en Bugallido recolleranse os traxes prestados, tanto os do concello como os da a.c. Os Castros. E obligatorio entregalos ese día, o que non poida ir persoalmenta, que o manda por algún compañeiro.

 

Agradecémoslles a súa colaboración e asistencia ó Festival e aproveitamos a ocasión para enviarlles un cordial saúdo,

 A Directiva

Cartel 2012 fin de curso