Recordatorio Festivales Curso 2014-15 e Foliada 2015

Logo A.C. Os Castros con direcciónFESTIVAL SAN ISIDRO –  FESTIVAL FIN DE CURSO E COMIDA FOLIADA 2014 – 2015

O vindeiro sábado 17 de maio, ás 6 da tarde, celebraráse o Festival de San Isidro no campo da festa de Bugallido. Para preparar esta actuación, haberá un ensaio xeral o sábado 16 de maio ás 17:00 h, en Bugallido, ó que deberán asistir tódolos alumnos que os profesores indiquen.

O día domingo 24 de Maio, faremos a comida e foliada para tódolos alumnos e socios desta asociación. Será ás 14:00. Tedes de prazo ata o 17 de maio para apuntarvos.

Podedes coller os tickets en horario de clases, ou falando cos membros da directiva.

FESTIVAL FIN DE CURSO

Asimesmo, o vindeiro domingo 21 de xuño, ás 6 da tarde, celebraremos na Casa da Cultura de Bertamiráns o Festival de Fin de Curso da nosa escola. Participarán tódolos rapaces e rapazas que asistiron as clases durante o curso.

O día anterior, sábado 20 de xuño, ás 11:00 h. haberá un ensaio xeral (rematará ás 13.00 h.), na Casa da Cultura de Bertamiráns, ó que deberán asistir obrigatoriamente tódolos alumnos participantes.

É necesario que o Festival comece puntualmente polo que os alumnos deberán estar na Casa da Cultura ás 17.30 h., agás os que toquen que deberán estar ás 17.00 h.

O remate do Festival entregaráse un agasallo a tódolos membros da escola e, de seguido, haberá uns pinchos para os participantes no bar Plaza en Bertamirans.

Asímesmo, o día do Festival rematarán as clases ata que se inicie o novo curso, no mes de outubro.

Todos os que teñan roupa prestada, terán que devolvela os días 23 ou 24 de xuño as 21:00 no pazo da peregrina.

Agradecémoslle a súa colaboración e asistencia a estes dous festivais e aproveitamos a ocasión para enviarlle un cordial saúdo,

A Directiva

Celebración foliada A.C. Os Castros 2015

A.C. Os CastrosEstamos preparando a foliada anual da Asociación Cultural os Castros do ano 2015. Celebrarase o vindeiro 24 de maio de 2015 no Campo da Festa de Bugallido, con inchables para os nenos dende as 12:00 do serán, e comenzando a comida as 14:00.

Podedes ver a totalidade da información facendo «click» no cartel adxunto.

F:OS CASTROSXF14XF14 COLOR (1)

Estivemos na presentación do disco «Na música somos Ames»

Disco Na Música Somos AmesEditado polas Asambleas Abertas BNG-Somos Ames, presentouse o pasado domingo 20 de abril do 2015 o disco «Na música somos Ames», o primeiro volumen dun recopilatorio de música feita por grupos pertencentes o Concello de Ames.

Nesta primeira edición, e por unha cuestión de costes, recopiláronse pezas de grupos que xa tiñan feita algunha grabación propia nos seus discos, pero conscientes de que son moitas as actividades  musicais que non cumpren esa premisa, a vontade a futuro e facer novos volúmenes que poidan recoller a todos os grupos e solistas que forman parte do noso Concello, unha boa iniciativa que promulgará e extenderá a nosa cultura musical dun xeito acorde a profusión que se merece.

Neste volumen participaron BIRIBIRLOCKE, SOM DO GALPOM, JAVIER CONSTENLA, PILAR MARTÍNEZ, XACOBE MARTÍNEZ ANTELO, DÚO FINISTERRAE, MAIANAS, VERDEGAIO, BANDA DE GAITAS OS CASTROS, ORQUESTRA OS MODERNOS, ASPERGILLUS e cerrando o recopilatorio CAXADE. Podedes ver o libreto premendo sobre a portada do discoPortada Na Música somos Ames

 

E boa noticia para a música de Ames e desexamos poida ir crecendo o número de volúmenes.

A.C. Os Castros co «Día do Libro»

A.C. Os Castros

A Banda de Gaitas e o Grupo de Baile da «Asociación Cultural Os Castros»  participarán na xornada que o Concello de Ames dedica o libro e a literatura en xeral.

Co nome de «Literatura na Praza 2015» o vindeiro 18 de abril entre as 17:00 e as 20:30 na Praza do Concello en Bertamiráns levarase a cabo actividades coma a exposición e venta de libros, intercambio de libros, recanto de lectura, solta de libros e obradoiros de decoración de letras para todas as idades. Ademáis tamén haberá teatro, presentación do libro XI Certame Literario Concello de Ames, a presentación do libro Boca de Gárgola de Mariña Pérez Rei e música.

A música e o baile tradicional estará presente por parte da Asociación Cultural Os Castros as oito do serán.

(Fai clic sobre a imaxe do cartel para velo con maior resolución) dia do libro 2015 ames

 

Xa comenzaron as clases de solfeo 2015

A.C. Os CastrosA Asociación Cultural Os Castros, da man do seu profesor Antonio Sanjiao, comenzou a impartir para a tempada 2015 as clases de iniciación o solfeo.

Son en horario de xoves de 21:00 a 22:00 e os sábados de 10:00 a 11:00 ambos días no centro cultural de Bugallido.

Son abertas para todos os alumnos da asociación… ¡animádevos!

partitura